VETERANOS CAMBADOS NON É “DA PARTIDA”.
O vintedous de xuño pasado publicamos neste mesmo blog que estaba en perigo o equipo máis antigo do Campionato de Fútbol Veterano da provincia de Pontevedra, o Veteranos
Cambados estaba en verdadeiro perigo de desaparición, despois de arduas negociacións Genaro e Ton inscribiron finalmente o equipo. Pero a día de hoxe, e a competición comeza este fin de semana, non “son da partida”, pois hoxe mesmo recibimos un dramático sms de Genaro o mais veterano do equipo que textualmente nos dicía “Ante a falta de compromiso do persoal co equipo, o delegado decide que os Veteranos de Cambados non participen na competición, e dicir, que o equipo desaparece”. Hoxe mesmo Ton encargábase de falar co Presidente de Asociación de Veteranos, o Sr. Pazos para dar de baixa a un histórico da competición.

Lembrámonos de homes como Chatarra, Dominguez, Celso, Pachicho, Ton, Genaro Benito, José Luis Falcón e un longo etc quen levaron o nome de Veteranos Cambados con honra e orgullo chegando a ser campións da competición en varias ocasións e lembrámonos tamén cando eramos vinte e vintedous xogadores en algún partido, a dia de hoxe non chegaban a once os xogadores comprometidos para esta liga, polo que tanto Genaro como Ton, moi o seu pesar, non tiveron máis remedio que dar de baixa o equipo que foi dos primeiros en anotarse na competición e levaba mais de trinta anos na mesma. Sentímolo profundamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario