3 de out. de 2013

“ÁNIMO MACHU”

O XOGADOR CAMBADÉS DO VILALONGA TEN ROTO O LIGAMENTO CRUZADO POSTERIOR.
Machu, é unha especie de “último mohicano”, pois é  a
derradeira figura que deu o fútbol cambadés  e que está en activo. Ven de sufrir un lesión bastante complicada “rotura de ligamento cruzado posterior”, o bo da nova, que ao parecer non ten que pasar por quirófano.  Machu ten 34 anos, e sabe que algún dia ten que deixar o fútbol, é lei de vida e esta lesión veu en moi mal
momento, pero sabemos que Machu, foi unha persoa que se coidou sempre moito, foi sempre un exemplo  no que mirarse as xeracións posteriores a el,  e vaise recuperar. El tiña unha preferencia o fútbol, o demais era subsidiario. Machu sabe que lle temos moito aprecio, e desexamos que canto antes volva os campos de fútbol e deixar sempre  o nome do seu pobo ben alto. “ÁNIMO MACHU”.

Ningún comentario: