4 de out. de 2013

ANOVA SALNES CONVOCA UNHA ASEMBLEA EN CAMBADOS

PARA PRESENTAR A PROPOSTA DE CONSTITUCIÓN DUNHA FRONTE AMPLA PARA AS ELEICIÓNS EUROPEAS 2014
Será o sábado, 5 de Outubro as 18.00 H. en Exposalnés – Cambados, e na mesma participará o Comisionado nacional de Relacións Políticas de ANOVA, Luis Eyre Dieguez
                 
Beiras co famoso cociñeiro cambadés
Xan Galbán
As agrupacións locais de ANOVA Irmandade Nacionalista do Salnés teñen convocada para este sábado unha Asemblea coa finalidade de presentar a proposta de configuración dunha Frente Ampla de cara as próximas eleicións ao parlamento europeo do 2014.  Terá lugar as 18.00 Horas no Edificio Exposalnés – Cambados e como todas as asambleas de ANOVA será aberta non só a militantes e simpatizantes, senón a todas aquelas persoas as que lles interese coñecer a proposta ou aportar o seu grao de area para colaborar nunha alternativa política e social contra as políticas dos gobernos actuais.

Para a presentación da proposta aprobada pola Coordinadora Nacional de ANOVA participará na Asemblea, Luis Eyre Dieguez, Membro da Dirección Permanente Nacional e Comisionado de Relacións Políticas.  Eyre e un dos membros de ANOVA que está a participar nas xuntanzas con outras organizacións políticas as que se lle presentou a proposta de constitución da Frente Ampla.

Beiras co "trianero" mais academico
"Paco de Xenxa".
Como se explicita na proposta aprobada  a Frente Ampla pretende ir incluso máis ala do obxectivo de conseguir representación no parlamento europeo, senón tamén ter a oportunidade de intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político que está a ser propiciado polo activismo da cidadanía.

A crise económica e os seus efectos sobre as maiorías sociais pola xestión que daquela se está a facer; o desemprego e os recortes en dereitos e liberdades sociais; a situación da UE secuestrada por institucións "tecnocráticas"; a posibilidade da fin do réxime nacido da transición, e os efectos que todo iso ten nunha Xunta de Galicia e demais institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega,reclaman que traballemos combinadamente en todos eses ámbitos.

Beiras e Vence
ANOVA mantivo dende a súa creación unha aposta nídia pola unidade de acción tanto das forzas nacionalistas como da esquerda e dos movementos cívicos. Esa aposta e a que lugar por exemplo nas últimas eleicións a coalición eleitoral Alternativa Galega de Esquerdas.  O que se pretende agora e impulsar un proceso de creación dunha Fronte Ampla nunha primeira instancia a nivel da nación galega como suxeito político soberano, e posteriormente traballar para a constitución dunha plataforma integrada por forzas similares do resto do estado español. Isto concretouse nun acordo que se resume nos dous puntos seguintes:

1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista, aos movementos cívicos, para dialogar e conformar un acordo de unidade de acción electoral para as eleccións europeas baixo a fórmula dunha fronte ampla non excluínte.

Xurxo Charlin Trigo, unha das
cabezas visibles de Anova
Cambados
2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a democracia real.

OUTROS TEMAS DA ASEMBLEA COMARCAL

Os asistentes a Asemblea de ANOVA tamén terán ocasión de coñecer os posicionamentos de ANOVA – Salnés sobre diversas problemáticas de ámbito comarcal como é a situación dos emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria lles está a mandar Expedientes sancionadores pola non declaración das súas pensións do extranxeiro; ou o caso dos mariñeiros propietarios de embarcacións menores con problemas para regularizar as súas embarcacións. Dende ANOVA xa manifestaron públicamente o seuapoio as demandas destes dous colectivos. 

Xa no nivel organizativo, debatirase a situación da organización a nivel comarcal e elixirase a persoa que se incorporara a Coordinadora Nacional de ANOVA en representación da área comarcal do Salnés.

Ningún comentario: