3 de out. de 2013

CARTA ABERTA A ISMAEL PADIN, BLOGUEIRO PELEADO CO MUNDO.

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Apreciada  e admirado Ismael:
      Despois da interesante conversa que mantivemos o martes pasado, a través de
Facebook,  non podo que menos facerche unhas correccións a unha serie de afirmacións que fixeches e que, a min, persoalmente, paréceme que non son  certas pero primeiro quería  deixarte claro que non teño absolutamente nada contra ti, é mais, valoro a túa web, como valoro ó resto de blogs cambadeses,  e que para moitos veciños que estamos lonxe son unha ferramenta excepcional para estar ao tanto do que acontece no noso amado pobo.
      Gustaríame  ter posto a conversa íntegra que  tivemos pero non sei porque razón, cando acudín á  túa web, para transcribila, atopeime que borraras as miñas intervencións, deixando só as túas respostas, ti saberás porque. 
      Algunhas “perlas” que dixeches ( e cito textualmente, incluído os erros ortográficos, se os houbese):
      “O que es bastante obvio e que os amigos dun coñecido blogueiro cambadés levades uns días arremetendo cara esta web con comentarios subidos de tono e opinións personais carentes de fundamento as que chamades "criticas".
Ismael Padin e Chon
      “EFECTIVAMENTE RICARDO: NADA DO QUE EU CHE DIGA VAI A SERVIR PORQUE TI VAS A CREER O QUE QUERES, E O OBXETIVO DESTA CONVERSA E DESESTABILIZAR ESTA WEB POR PARTE DOS QUE FACEDES "A TI MEU CAMBADOS" NON É OUTRO, ALGO QUE EVIDENTEMENTE NON VOU A PERMITIR. NEGUEIME A TER UNHA CONVERSA CON CHON PORQUE NON SE PODE CONVERSAR CUNHA PERSONA CARENTE DE DIGNIDADE E ESCRÚPULOS, E PARA EXEMPLO O QUE ESTADES A FACER NOS ULTIMOS DÍAS CON ESTA WEB”.
      “Ricardo, non estou disposto a entrar no voso xogo, non creo que sexa complicado de entender. Si quixeras una explicación sobre algo huberas mandado un privado, pero falo en público o que deixa claro que o de menos é a explicación que che poda dar. O que facedes é de libro”
      “A persoa con quen tan ben te levas sabe perfectamente quen é quen creou o grupo.
Ismael Padin un dos promotores de Asoblog
Preguntallle a él. Eu acepto moi ben as críticas pero moi mal as calumnias”. 
      
      ..............Vaiamos por partes, Ismael; en primeiro lugar, e por empezar por isto último deixarche claro que dende “A ti meu Cambados” (como dende o resto de blogs) non me consta que ninguén te calumniara. O noso Código Penal no seu artigo 205 di que: “É calumnia a imputación dun delito feita con coñecemento da súa falsidade ou temerario desprezo cara a verdade” e, obviamente, ninguén acusoute de cometer ningún delito. 
      Falas  tamén de  que queremos “desestabilizar” a túa paxina, “arremetendo” contra ela, “con comentarios subidos de tono e opinións persoais, carentes de fundamento as que chamades "criticas"........ Perdoa que che diga, Ismael, que, precisamente, unha crítica é iso, unha opinión persoal, como ti terás as túas  propias opinións persoais e, en ocasións,
Ismael Padin
plásmalas na túa web. ¿onde está a desestabilización? ¿por que dis que arremetemos contra a túa paxina? Moi mal non che debeu  parecer cando non hai ningunha referencia na túa web, a eses supostos ataques,  a excepción, quizais, do martes pasado onde dis nun claro ton irónico (acompañado dun vídeo): “me dicen que nos ha salido un grupo de admiradores en la red. Agradecemos el detalle con esta canción”.  Ironía, por certo, que  tamén utilizaches,  en agosto, cando en resposta a un artigo de “A ti meu Cambados” sobre as polémicas palabras de Laura Portas tachando de “asco de gente” a veciños do pobo, ti contestaches, a dito artigo,  cunha viñeta de ·#cousasde ramons#, e non creo que daquela ninguén te acusase a ti de ir desestabilizando ou arremetendo ¿verdade?.
      Falas de Chon como unha persoa “carente de dignidade e escrúpulos” para xustificar non ter unha conversa con el, tras facerche dita invitación.......mira Ismael, Chon terá moitos defectos, non cho nego, será impulsivo, feo (obviamente non todo o mundo pode ser tan guapo e tremendamente irresistible coma ti e mais eu) e un logo etc. pero dende logo ten moita mais dignidade e escrúpulos que moitos miserables do noso entorno e, dende logo, acepta inmensamente mellor as críticas do que o estas a facer ti; non che vou a falar das incontables mostras de afecto e apoio que recibiu e recibe (sobre todo a raíz do caso  “Chochito de Oro”) e, o seu blog, xa é, por méritos propios, un lugar de referencia (a tenor
web de Ismael Padin
do número de visitas que recibe), por certo deixa que che recomende o artigo sobre os gastos da comitiva, encabezada polo alcalde, a Baena, simplemente un gran traballo de investigación periodística. 
      
      
      Non sei si a túa web  terá moitos ou poucos seguidores,o que sei é  que  eu son un deles, e espero seguir séndoo, salvo que me bloquees como fixeches para que colgase comentarios.  
      Como xa dixen en algunha ocasión, Cambados ten a sorte de dispoñer dunha ampla e variedade de blogs, o cal favorece o debate e a reflexión, e que, aparte deste onde colaboro modestamente, quería destacar a “Cores de Cambados”, “Dos vueltas de tuerca” e  o mais recente “alzalavozcambados” o cal, por certo,Ismael, intentaches bloquear ( ou debería dicir desestabilizar) a súa entrada na asociación Asoblog, ¿explicaras algún dia que motivos te levaron a adoptar tal actitude?. 
      Despídome non sen antes, animarche  a que sigas  o fronte da túa web, e invito a todo o que lea isto a que a visite, o nome:  “Vivir en Cambados” (non tes que darme as grazas pola publicidade)
      
   
  UN SAUDO A TODOS. 
                                RICARDO DOMINGUEZ REY
     
   

Ningún comentario: