2 de out. de 2013

O CONCELLO DE CAMBADOS GASTA "PRESUNTAMENTE" UNS SEIS MIL EUROS NUNHA FESTA EN BAENA

CON MOTIVO DO ACTO DE IRMANDADE ENTRE O VIÑO DE BAENA E O ALBARIÑO.
UNHA COMITIVA DE DEZ PERSOAS
Acto de irmandade en Baena
 LEVOU A CONCELLO DE CAMBADOS AO PARECER A GASTOS PAGADOS.
“””O viño de Baena e o albariño galego finalizaron o seu acto de irmandade, tras unha primeira parte que se celebrou o pasado mes en Cambados. A Confraría de Amigos da Viña e o Viño de Baena e a do Serenísimo Albariño mesturaron onte á noite os dous viños nunha
Cartel anunciador
botella que posteriormente foi selada, dentro dos actos da cuarta Festa da Vendima. Rafael Trujillo, presidente da confraría vinícola, sinalou que é un acto de promoción dos viños "porque, aínda que temos unha colleita limitada e de gran calidade, temos que intentar que a xente veña ao noso pobo". Luís Aragunde, alcalde de Cambados, explicou que a súa confraría é das máis antigas de España e cada ano teñen un acto de irmandade cun viño de diferentes rexións de España. "Entendemos que non somos competencia, senón complementarios, temos que captar mercados internacionais e, si imos da man, mellor". María Jesús Serrano, alcaldesa de Baena, destacou "a promoción que fan as confrarías enogastronómicas da nosa cidade”””. 
Con esta pequena crónica despachaba o Diario de Córdoba o acto de irmandade entre a Confraría de Amigos da Viño e o viño de Baena e a do Capitulo Serenísimo do Albariño de Cambados. 
Ata aquí todo entra dentro da normalidade, non queremos dicir que o que ven a continuación sexa anormal, senón nos cando menos ímolo cualificar de atípico, o lector verá como o cualifica.
Acto de Irmandade en Cambados (partido de ida)
Ben a comitiva cambadesa non era de unha , nin dúas nin de tres persoas, senón que era, a lo menos que nos saibamos, de DEZ PERSOAS como mínimo dos cales temos identificados  a dez un deles caese da lista o dia antes por un problema cun familiar, pero só imos dicir o nome de tres deles que son os personaxes públicos que viaxaron o resto en todo caso que a oposición pida explicacións a Luís Aragunde e que el en sede plenaria diga quen son.
O venres seis de setembro de madrugada parten dous membros da comitiva en coche dende Cambados (non poñemos a marca e cór do coche porque dariamos moitas pistas), as once quince horas saen de Santiago en avión vía Sevilla o resto da expedición na que se inclúen os tres cargos públicos que viaxan, e dicir, o Alcalde Luís Aragunde, o tenente de Alcalde Antonio Iglesias e o Secretario do Capitulo Serenísimo do Albariño
A tennte de
Alcalde tamén foi
Pedro Piñeiro, ademais outros cinco misteriosos invitados. Cada billete segundo nos contan valeu 400 euros, asinándolle asemade os dous que viaxaban en coche tamén ao parecer 400 euros a cada ún para gastos de viaxe, o que fai un total aproximado só en viaxes de 4.000 euros. Unha vez en Sevilla ao parecer os estaban esperando un coche, se non nos informan mal, posto polo concello de Baena que os traslada a dita localidade onde se vai facer o acto de irmandade. Trala recepción oficial do Capítulo Serenísimo do Albariño, invitado de honor no Capítulo deste ano na IV Fiesta de la Vendimia”, escenificada no Museo da Tercia. Logo desta cerimonia, tivo lugar na céntrica praza unha degustación de produtos típicos de Baena e Cambados, tales como os viños, aceite ou queixos. Despois ten lugar unha cea de gala  , ao parecer incluída mexilloada con posterior "tertulia" e bailes e copas para os que quixeron ir ata altas horas. O noso informante dinos que a cea e o hotel onde se hospedan e xentileza da alcaldesa de Baena (aínda que ten as súa dúbidas),  quen dias despois concretamente o 9 de setembro é nomeada pola Junta de Andalucía , Conselleira de Medio Ambiente.
O sábado dia 7 que é o propio dia da da festa da vendima xiran vista arqueolóxica pola mañá ao Parque Arqueolóxico de Torreparadenos unha das marabillas de Baena, na tarde do  sábado, ten lugar  o acto de irmandade ás 20,30 no patio da Casa da Tercia onde ademais foron  investidos embaixadores do viño unha serie de persoas.  Logo do acto tivo lugar unha cea informal  e saída os que quixeron, ignoramos si a conta do concello ou non, iso teno que explicar o Sr. Alcalde.
O día seguinte volta para Cambados, cunha particularidade, un dos que foi no avión decide volver cos dous que foran no coche, o resto da delegación colle vó de volta o domingo ás 15 horas en Sevilla.
Praza da Constitución de Baena
A persoa que nos informa, e que formaba parte da delegación,  estima os gastos aproximados da mesma nuns SEIS MIL EUROS.
Nons non imos criticar si esta ben ou está mal, iso queda o voso xuizo, agora que sepades que os actos de irmandade NON SON GRATUÍTOS e outra cousa que ten que explicar o alcalde quen eran o resto da delegación o noso informante  dinos que o menos pode haber dous simpatizantes do PP ou incluso militantes ademais  dunha persoa que vive en Baión invitada persoalmente polo Alcalde, cuxo nome e moi parecido a dun emperardor romano.
Outra cousa que nos estraña en demasía é que o acto non foi publicado na páxina web do Concello, en troques si cando na festa do Albariño fixeron o mesmo “paripé” pero en Cambados. Tamén nos estrana moitisimo que ningún periodista de Cambados fixerase eco da nova, sobre todo  unha que ten moi boa relación no concello.
Temos no noso poder unha foto onde saen cinco das persoas que foron a viaxe en cuestión, como non son personases públicos,  non imos a publicala mentres o Alcalde Luís Aragunde non dean explicacións, si lla piden os membros da oposición, que esa é outra.
Por certo o PSOE ten moi doado  saber  con que gastos correu a Alcaldía de Baena, pois está en mans dos seus compañeiros de Andalucía.
Parece ser que está previsto pronto outro acto de irmandade cunha confraría do Ribera do Duero, a ver desta vez cantos van. 
E mentras dinnos que non hai cartos para cousas tan vitais, como mediciñas, ensino, sanidade etc, pero si para festas. Cada ún que pense o que queira pero estes son os gobernantes que temos, pero ¡ollo!, se queredes podemolos cambiar, todo depende de vos.



Ningún comentario: