2 de out. de 2013

NOITE FECHADA PON FIN A XIRA ESTIVAL CUN CONCERTO NO PUB D4 DE CAMBADOS

O SÁBADO 5 DE OUTUBRO A ISO DAS DOCE E MEDIA DA NOITE
No pub D4 debutaron  na casa alá por abril...e aquí volven,
para Fechar unha gran tempada estival, chea de concertos, festivais, alegrías, carenas, anécdotas...pero sobre todo chea de moita carallada e rock n'xebre!

Chegan a  este sábado de volta ao D4 de Cambados cheos de ganas de tocar e con algún que outro pelo no peito máis, xa que ás costas levan a experiencia deste verán inesquecíbel, e queren celebralo con todos vos antes de enclaustrar a gravar e compoñer para o ano que ven!!

Así que alí esperan vervos a todos unha ves máis e cerrar o verán como Deus manda! armar unha festa de puta madre, tomar unhas "copichuelas" e pasalo en grande!

Recordade, este sábado a partir de media noite a tope no D4!! espéranvos!! entrada 3€

Son moi grandes estes de Noite Fechada.


Ningún comentario: