2 de out. de 2013

O PSOE DE CAMBADOS PRESENTA UNHA MOCION PARA REXEITAR O COPAGO.

PARA OS FÁRMACOS QUE SE DISPENSAN NOS HOSPITAIS DE XEITO AMBULATORIA.
O PSOE de Cambados ven de presentar para tratamente a pleno unha moción para rexeitar
o copago para os fármacos que se dispensan nos hospitais de xeito ambulatorio, na exposición de motivos, Fatima Abal, voceira deo grupo determinaba que desde a posta en marcha, no ano 2012, do Real Decreto-lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, moitos foron os pasos dados pola Administración en contra dos dereitos dos pacientes, algúns singularmente graves.
Neste mesmo sentido de recortes de dereitos, o pasado 19 de Setembro publicábase no Boletín Oficial do Estado a Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de
Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario, en desenvolvemento do Real Decreto-lei 28/2012, de 30 de novembro, de medidas de consolidación e garantía do sistema da Seguridade Social. Con esta publicación, sen notificación ou información previa do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, o Goberno evitaba a súa publicidade tratando de soslaiar a reacción adversa dos profesionais da sanidade e dos pacientes afectados e as súas familias, presentándoo así como un feito consumado. 
Con todo, a inxustiza e crueldade destas medidas agrávase como consecuencia de ser pacientes crónicos quen han de pagar este tipo de medicación, o que sen dúbida, únese á
xa difícil situación persoal derivada da gravidade das súas doenzas: cancro, hepatitis… 

Ante esta circunstancia moitas foron as asociacións e colectivos de pacientes, profesionais sanitarios e consumidores que elevaron a súa protesta á Administración. De igual xeito fixérono algunhas Comunidades Autónomas, como Andalucía, Asturias, Castilla e León, ou País Vasco, que mostraron a súa incomprensión ante unha medida tan ineficaz como inxusta. 

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista somete a votación a seguinte MOCIÓN para ser aprobada e na que se insta ao Goberno  de España a:

1.- Rexeitar o novo copago para os fármacos que se dispensan nos hospitais de xeito ambulatoria.

2.- Suscitar ao Goberno da Xunta, que inste ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade a derrogar de forma inmediata a Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario.

3.- Que en calquera caso, o Goberno da Xunta, do mesmo xeito que anunciaron outros Gobernos Autonómicos, anuncie públicamente que a citada Resolución non se fará efectiva no territorio da nosa Comunidade Autónoma, e que xa que logo os cidadáns afectados non terán que realizar ningún tipo de pago polo fornezo de fármacos nos hospitais de Galicia. 
     
     
     

Ningún comentario: