O VICEPRESIDENTE DO REAL MADRID TRABALLOU NESE BAR
O outro dias chegou as miñas mans un curioso anuncio publicado o 18 de Agosto de 1957,
trátase do “DORNA BAR”. A publicidade en cuestión non ten desperdicio, só se acordan de establecemento os mais vellos do lugar. Pero deteñámonos neste anuncio:
![]() |
Situación do "Dorna Bar" |
A primeira curiosidade que vemos é a data 18 de Agosto de 1957 “DIA DEL ALBARIÑO” en Cambados, como vedes a festa aínda non se trasladara a primeiro fin de semana de agosto, habería que esperar para iso o ano 1966 sendo alcalde Joaquin Fole Vilar. “Todos los dias del año son días del más exquísito ALBARIÑO si visita Vd. DORNA BAR”, con esta espectacular frase animaba o dono do Dorna Bar os cambadeses a beber albariño.
A situación física do Bar e ben doada de explicar pois estaba mesmo ao carón do concello onde hoxe está o mole de ladrillo que alberga Caixa Rural, pero obviamente antes non existía como explicamos na foto antiga de Cambados recollida do blog de Maribel Iglesias “Fotos antiguas de Cambados”. O bar estaría fronte o fisco de prensa actual que existe na Calzada. No foto actual de Cambados pode ver ver tamén a situación do famoso Dorna Bar, que incluso o malogrado Sito Vaamonde lle chegou adicar unha canción.
O actual vicepresidente do Real Madrid, Fernando Fernández Tapias, traballou no Dorna Bar facendo horas extras para sacar unha pesetas. Pois “Fefe” estivo unha longa tempada en Cambados traballando nunha antiga fábrica de conserva en onde hoxe está a desaparecida Alfageme. “Fefe” era un
asiduo do antigo Bar Silva rexentado daquela por Benito Silva (pai de Xoan e Lino Silva) e a súa dona, por certo que precisamente nese ano 1957, fora o gañador do primeiro premio do viño Albariño. Din algúns comentarios que algunha débeda deixou “Fefe” en comidas no Bar Silva. Fefe era un mozo que comezaba a ver a luz a unha vida que se lle prometía moi feliz, principalmente despois de casar coa filla dun rico navieiro os 25 anos, aínda que él xa procedía dunha familia acomodada. Canda andaba por Cambados “Fefe” debía contar 19 anos, mais tarde, paradoxos da vida mercaría no ano 1991 a Fabrica de Conservas Peña xa trasladada en Vilaxoan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario