13 de out. de 2013

“CHOCHITO DE ORO”, AGORA TAMÉN É “PIQUITO DE ORO”

FIXO ACUSACIÓNS FALSAS E GRATUÍTAS SOBRE OS PARADOS. 
Soraya Sainz de Santamaria tamén coñecida na rede como “Chochito do Oro” acaba de converterse tamén agora en “Piquito de Oro” . A nosa “amiga” presentou este venres con gran pompa as cifras de loita
contra a fraude fiscal e laboral. Soraya mentiu o dar a cifra estelar pois  asegurou que entre xaneiro de 2012 e xuño deste ano, o tempo que leva o PP no Goberno, descubríronse a 520.000 persoas que cobraban de xeito fraudulenta o seguro de desemprego o que permitiu aforrar 3.160 millóns. A cifra é enorme en relación co número de cidadáns que cobran a prestación (2,9 millóns de parados). De ser correctas as cifras aportadas pola vicepresidenta supoñerían que case un 20% das persoas que o cobran defraudan. O Goberno, ademais, rexeita publicar o informe sobre os resultados da loita contra a fraude do que a vicepresidenta extraeu os datos, porque probablemente non exista tal informe. 
O Ministerio de Emprego desmentiu  estas cifras, cuxo detalle ninguén explica,
corresponden en realidade na súa enorme maioría a casos de persoas ás que se lles retirou a prestación un mes por problemas administrativos, por exemplo non acudir a unha cita prevista ou carecer dalgunha documentación. 
A vicepresidenta, tralo Consello de Ministros, foi clara mentindo  e ata deixou caer que estaba falando de 500.000 persoas que traballaban e cobraban á vez a prestación, algo moi afastado da realidade. “Estou falando de persoas que cobran prestación por desemprego e que con todo traballan de xeito fraudelento, traballan en b. Pois se investigaron e detectáronse 520.000 persoas, máis de medio millón de persoas que cobraban de xeito fraudelento as prestacións por desemprego e aforrouse ao contribúente máis de 3.000 millóns de euros”, insistiu “Piquito”, agora que non veña con que se malinterpretaron as súas palabras. 
O que si estamos seguros e que nesta ocasión esta noticia non vai ter repercusión ningunha mediaticamente por que a periodista ( e o “equipo” que a rodeaba) que publicou o de “Chochito” xa cumpriu o tres obxectivos que buscaba: gañar puntos diante dos seus xefes, foder o BNG e decapitar politicamente o administrador deste blog, ainda que esto último esta por ver.

Ningún comentario: