13 de out. de 2013

VECIÑOS DA DEPURADORA DE COBAS DE LOBOS MOLESTOS COS CHEIROS NAUSEABUNDOS DA MESMA

SE CONTINÚAN, NON DESCARTAN MOBILIZACIÓNS
Confirmouse o inicio da actividade da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR)
de Ribadumia, que dará servizo a parte da comarca. 
A planta comezou a súa fase de probas nas últimas semanas e aos poucos aumentará o seu rendemento, segundo avance a implantación dos procesos bioquímicos que mellorarán o tratamento das augas fecaís. 
Os políticos do PP din que a nova estación depuradora permitirá reducir os problemas de malos cheiros tan denunciados nas últimas datas no municipio de Cambados, cousa totalmente falsa e volven a enganar a poboación, o problema dos malos cheiros de Cambados, sabe perfectamente o inepto do noso alcalde cales son.  
Os primeiros en darse conta do funcionamento da depuradora, son os veciños de Cobas de
Lobos(Vilariño), que todas as tardes padecen os cheiros nauseabundos que desprenden estas instalacións. 
Os veciños están alerta, esperando que estes cheiros só sexan por motivos da posta en marcha e no caso de continuar non descartan mobilizacións.
Agora e incrible a manipulación dos medios con esta depuradora, inaugurarona corenta veces, puxuerona en servicio sesenta, e a mellor depuradora do mundo, canto todo isto é falso e unha verdadeirabolba de reoloxeria para os veciños do lugar.  Dicianos non fai moito un especialista na materia e veciño do lugar, que se un día se da que chove moito, a marea esta chea e o rio ven con moita auga, pode haber unha verdadeira catastrofe e estamos en Galicia e iso non é moi díficil.
Fotos: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: