UNHA NOVA DUN BLOG DENOMINADO "QUINTEIRO"
O blog Quinteiro presentanos un traballo difícil de atopar. Cuestionan o que noutros lados non se cuestiona
publicamente, porque non teñen ataduras nin dependencias que lles marquen liñas roxas. Afondan na construción masiva de campos de herba artificial pola provincia de Pontevedra da man da Deputación, reflexionamos sobre o papel deste organismo e do seu Presidente e comparan a oportunidade dos investimentos co momento e a situación social que vivimos.

Falaron con Manuel Campos, do PSdeG de Cuntis; con Eva Villaverde, do BNG de Moraña; e con Arturo García, de Independentes por Moraña. Os tres son concelleiros nos seus respectivos municipios e coñecedores das cuestións
que tratan. Ningún deles ten reparos en manifestarse con claridade e ofrecerlles unhas reflexións imprescindibles.
"Dejas que los niños se acerquen a mi" |
Este vídeo que poñemos a continuación foi gravado polos servizos televisivos de dito blog e empeza cunha foto de Louzán con este titular “Corrupción, mentiras e herba (artificial)". Tamén vemos como un tal Baltar (vello) canta aquelo de “Si no eres del PP jodete, si no eres del PP te vuelves a joder.”. Pero quen realmente se lanza o "ruedo" sen prexuízo ningún é Eva Villaverde do BNG de Moraña cando di “Con naturalidade no Salnés vincúlase ao PP co narcotráfico”. Tamén é destacable o que di Manuel Campos “existe un secuestro total dos medios de comunicación por parte da deputación de Pontevedra”. Arturo Garcia sentencia “Si lle debes un favor a Louzán, tesllo que pagar”. A música de “El Padrino” adorna gran parte do vídeo, que insistimos paga a pena que vexades íntegro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario