25 de out. de 2013

O NOTICIARIO DA TVG “GALICIA NOTICIAS MEDIODÍA” ABRE CUNHA NOVA NACIDA NESTE BLOG

O EDIFICIO RÚA BELECO 25  SEGUE SENDO PROTAGONISTA DE VARIOS MEDIOS.
TEN RESPONSABILIDADE LUÍS ARAGUNDE NO CASO?.
HAI PERIGO DE ELECTROCUCIÓN DE NENOS E VIANDANTES?
O programa Galicia Noticias Mediodía abriu onte o seu noticiario coa seguinte nova: “Veciños de Cambados botan dous días sen luz por culpa, segundo eles, do promotor”, unha nova que se
Foto: Faro de Vigo.
publicou neste blog grazas a colaboración dun veciño.
Pero xa varios veciños se queixaron a Faro de Vigo, que tamén se fixo eco da nova, como Luís Aragunde concedeu a cédula de habitabilidade do mesmo , requisito imprescindible para vivir no edificio, incumprindo a lei.
É obrigatorio que todas as vivendas teñan a cédula de habitabilidade vixente, segundo establece o artigo 9 do decreto 141/2012. 
Adicionalmente, necesitará dispoñer da cédula para realizar algunhas xestións: Fai falta ter vixente a cédula para alugar e vender unha vivenda e para que as compañías de auga, gas, electricidade e telecomunicacións fagan o fornezo ás vivendas. Os bancos e caixas poden esixila como condición para outorgar unha hipoteca. Tamén é necesaria para o reagrupamento familiar de estranxeiros. 
Como nos pode explicar Luís Aragunde que concedeu estas cédulas de habitabilidade se só ten luz de obra.  Como permite Luís Aragunde que  a luz eléctrica deste edificio veña  a través dunha caixa de conexión que está nun parque infantil e con acceso os nenos; si se electrocuta un neno a quen lle vai botar as culpas Luís Aragunde , o promotor quizais como fixo no caso do muro ilegal en Saiñas. 
 Con respecto a Beleco 25 o que é triste que sexan só dúas persoas que estean dando a cara loitando polos seus dereitos  e que haxa propietarios que despois de catro anos con luz de obra e licenza de primeira ocupación e se deixen ir. Pero o mais triste non é que lle haxan cortado a luz os propietarios, senón que os promotores fan o que lles da a gana e ninguén se inmute.


                                   

Ningún comentario: