25 de out. de 2013

O BNG DÚBIDA DA LEGALIDADE DAS OBRAS NA RÚA ISABEL II DE CAMBADOS

TAMÉN DENUNCIA QUE A PESAR DE TER UN APARELLADOR MUNICIPAL E UN ARQUITECTO CONTRATADO É  OUTRO PROFESIONAL ALLEO QUE FAI  UNHA OBRA MUNICIPAL
O BNG de Cambados informa que esta semana comezou a
obra de mellora da Rúa Isabel II; rúa que forma parte do casco histórico do concello, e que o grupo municipal do BNG estaría interesado en coñecer en que vai consistir, concretamente, este proxecto de urbanización e mellora dos servizos, polo que este grupo solicita , se lle conceda permiso para consultar a documentación relativa a esta obra e, así mesmo, que se lle responda ás seguintes preguntas:
* Ten concedida esta obra o pertinente permiso do Servizo de Patrimonio? Con que data foi concedido dito permiso?
O BNG DENUNCIA QUE A PESAR DE TER UN APARELLADOR MUNICIPAL E UN ARQUITECTO CONTRATADO CONTRATAN A OUTRO PROFESIONAL PARA FACER UNHA OBRA MUNICIPAL
Tamén nos informa o BNG que o pasado día 10 de outubro, recibiu “casualmente” (xa que o seu portavoz municipal foi ao concello a realizar unhas consultas) as copias das Actas
da Xunta de Goberno Local co seu habitual retraso (a primeira acta correspondíase co día 10 de xuño), o que unha vez máis demostra o desprezo e desinterese do Alcalde polos representantes de moitos veciños e veciñas de Cambados que apoiaron unha opción política diferente ao PP. En ditas actas aparecían reflectidas un par de obras municipais; concretamente o proxecto redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján para a “Adecuación da Praza de Abraldes e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”, así como o proxecto técnico, redactado polo Arquitecto Julio De Miguel Castro, para a realización das obras de “Reparación e Restauración da cuberta do pazo de Torrado para a mellora da eficiencia enerxética”. Como queira que nas últimas dúas lexislaturas, os diferentes informes da Intervención Municipal insisten no incumprimento de que “ ao existir funcionarios adscritos ó departamento de urbanismo do concello (Arquitecto e Arquitecto Técnico) deberían constar as razóns polas que se procede a externalizar o servizo” e que as obras públicas, como as citadas, son competencia irrenunciable da Administración, é polo que solicitan que  xustifique cal foi a razón pola que novamente, contra o criterio da Intervención Municipal, a Alcaldía volve a externalizar os servizos de urbanismo nos citados casos.

Ningún comentario: