24 de out. de 2013

NOVA CLÍNICA DE FISIOTERAPIA EN CAMBADOS.

O MELLOR DO MELLOR NESTA MATERIA.
O FISIOTERAPEUTA XACOBE ABAL, É O SEU TITULAR.
Nun intre no que abrir negocios , empresas,
establecementos, clínicas é todo un risco un rapaz,  pero ao mesmo tempo un gran profesional,  que acaba de cumprir 27 anos, de Barrantes, membro da xa mítica "pandilla" cambadesa “Os Comepipas”, Xacobe Abal inaugura, hoxe precisamente,  unha clínica fisioterapeuta orientada basicamente ao tratamento de lesións musculares, ligamentosas, disfuncións articulares, dores agudos e crónicos, cervicalxias, lumbalxias etc, o que ven sendo habitual nas clínicas deste estilo. O mellor do mellor , tanto en material como en coñecementos do titular da clínica. A Clínica está situada na Avda. de
Galicia 33, 1º B enriba do supermercado Gadis de Cambados. En principio o horario é de de luns a venres de 9:30 a 13:30, e de 16:30 a 21:00
Pero o propio Xacobe indicounos que se algún dos seus clientes non pode  ser atendido  nesa franxa horaria, non tería inconvinte ningún en ampliar o horario. Como podedes apreciar nas fotos a clínica está moi ben montada e orientada a cura das doenzas antes citadas. Moita sorte a Xacobe o ogallá lle vaia moi , pero que moi ben.

Ningún comentario: