22 de out. de 2013

DIMITIR, ARAGUNDE, NON É UN NOME RUSO

Fai uns días o BNG de Cambados denunciaba a construción dunha obra  do Concello ordenada polo propio Luís Aragunde, sen licencia, ilegal, sospeitosa, e sobre todo escandalosa.  O propio Aragunde recoñecía na prensa do
réxime que fora un erro e que enseguida seria solucionado, botándolle a culpa a empresa
construtora (vaia morro). Dicían os nacionalistas que dita construción está directamente sobre a mesma praia e dentro do Espazo Natural Protexido, resultaba preceptivo para a realización de dita obra, os correspondentes permisos do Servizo Provincial de Costas e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e por suposto non tiña dita obra.
Nos  preguntámonos como se calibran os erros neste pais,  é mais grave chamarlle a vicepresidenta do goberno “Chochito de Oro” que facer unha obra ilegal por parte dunha administración nun espazo natural protexido. Que pasaría se os nacionalistas non denunciaran o feito?.  Porque neste caso a
periodista famosa da  Coz non se confabulou co xefe de prensa do Concello de Cambados e previa bendición de Luís Aragunde, para mandar “cociñada” a noticia a Santiago e logo mandala a caverna mediática da dereita para máis  que nada ridiculizar ao BNG, que dito sexa de paso non soubo xestionar a crise, quizais non se fixo  porque Luís Aragunde non pertence o BNG, a ANOVA ou o PSOE e ten dereito a ter erros que outros non temos. Vivimos nunha sociedade totalmente “pasota” e que permite aos nosos gobernantes populares verdadeiras atrocidades que non son denunciadas tampouco pola prensa do réxime subsidiada polo poder político.
O escándalo de piñeiral de Maza, no que están implicados Luís Aragunde, Juan Ramiro e Tourís e que se atopa subiudice non ocasionou ningunha dimisión, ter en época de crise o
noso Alcalde seis asesores  que nos custan os cambadeses  15.000 euros ao mes tampouco , os numerosísimos reparos que pon a interventora do Concello de Cambados a moitas facturas que son aprobadas pola Comisión de Goberno tampouco, unha páxina web que custa moitos cartos e que non vale para nada tampouco, as famosas comidas de xubilados tampouco,  o viaxe a Baena tampouco, a escandalosa subida de impostos e en especial do IBI tampouco, as numerosas mentiras do noso Alcalde tampouco e así podiamos seguir numerando un rosario de capítulos tenebrosos para o noso concello. Que ten que facer mais Aragunde para que os cambadeses vexan que é un inútil gobernando. A veces cansámonos de denunciar tantas cousas , a verdade que para este blog foi todo un alivio que que irrumpiran na rede portais como Cores de Cambados ou Alza la Voz Cambados e sigamos denunciando as inxustizas na rede pese as ameazas  e insultos dos que somos obxecto. En definitiva, este blog non se vai cansar de gritar ¡¡¡ARAGUNDE DIMISIÓN!!!, ainda que non nos oia ningúen.

Ningún comentario: