22 de out. de 2013

O CENTRO DE DIA FOI PROMETIDO POR TOURÍS NO SEU PROGRAMA ELECTORAL DE 2007

ERA A PRIORIDADE NUMERO 1 EN ATENCIÓN SOCIAL
Di un proverbio trianero que “O que garda sempre ten”,
revisando os nosos arquivos electorais atopamos o programa electoral do PP do ano 2007, lista encabezada por Tourís no que ia como número 2 a defenestrada Anabel Carro (desaparecida en combate) e de número 3  Luisiño Aragunde. Pois na follas finais dese programa o ínclito Tourís  prometíanos unha serie de cousas que nunca cumpriu como construción dun Centro para Esperanza Salnés, transporte adaptado en todo o municipio para persoas discapacitadas, posta en funcionamento do servizo de tele-farmacia, comedor sobre rodas a domicilio e servizo de lavandería, eliminación de vertedoiros incontrolados, construción de 600 prazas  de aparcamentos soterrados na Merced etc etc e entre estas promesas estaba xa , insistimos, no 2007 o Centro de Día para Santo Tome que agora nos din que está nos orzamentos autonómicos de 2014, cunha partida de 459.000 €. Como nos costa crerlles a estes “mamalóns” cando chegue o 2014 estaremos aquí para comprobar que nos volven a mentir outra vez.

Ningún comentario: