14 de out. de 2013

O GRUPO DE FACEBOOK “CAMBADOS NOTICIAS” ACADA OS 2000 MEMBROS

Fai un días da man de Marcos Serén e despois dunha simple charla cos administradores dos blogs mais visitados de Cambados, nacía en facebook un grupo que en pouco tempo
acadou os 2000 membros. Un grupo onde podemos publicar as novas da nosa vila con total
liberdade de expresión sen estar  mercado por ninguén, nin estamos subsidiados por ninguén nin escribimos o ditado de ninguén. O que podes ver en “Cambados Noticias” é a pura verdade e sobre todo con liberdade para contestar e criticar si o crees necesario. Os blogs Alza la voz Cambados www.alzalavozcambados.com, Cores de Cambados www.cxusto.blogspot.com.es, Dos vueltas de tuerca www.dosvueltasdetuerca.wordpress.com e A ti meu Cambados www.atimeucambados.blogspot.com.es o único coto que poñen a información e a verdade. Investigación, coñecedores do pobo, con inquedanzas políticas algúns, lanzámonos a este aventura que quere ser unha "soplo" de aire limpo e unha alternativa a “prensa do réxime”, esa prensa que escribe o ditado dos políticos de quenda sen apenas ruborizarse e sen vergoña ningunha. Se queres informarte sobre o que realmente pasa en Cambados, faite membro de “Cambados Noticias” , se non o es xa, premendo na seguinte ligazón. 
Limpar Cambados de corruptos e un dos nosos obxectivos.

Ningún comentario: