14 de out. de 2013

SI O NOSO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE TIVERA VERGOÑA OU DIMITÍA OU PEDÍA PERDÓN...

...AOS TRABALLADORES DE EXPOSALNES READMITIDOS POLO T.S.X.G. E QUE TACHOU DE “ENCHUFADOS”.
400.000 LLE CUSTOU A XUNTA DESPEDIR A 18 TRABALLADORES QUE TEN QUE VOLVER A ADMITIR.
Si tiveramos un alcalde que tivera un mínimo de vergoña, que non é o caso, ou ben dimitía por trampón e maleducado ou ben pediríalle perdón publicamente os dous traballadores que traballaban en ExpoSalnés de Cambados. Luís sempre os tachou de enchufados e pouco menos que chegou a dicir que o seus nomeamentos era ilegais. ¡¡¡Manda Carallo!!! O noso alcalde acusando a oposición de enchufismo ¡Que pouca vergoña ten!.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza na que obriga á Xunta a readmitir ao persoal co que contaban os centros
comarcaís da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) entre os que se atopaban dous traballadores das instalacións que existían en Cambados, os gales foron despedidos por razóns políticas xa que os outros dous que estaban con eles como eran afíns ao partido, recolocáronos.
O alto tribunal reitera a nulidade dos despedimentos e obriga a readmitir a todos eses traballadores.
Confederación Intersindical Galega (CIG) considera que, con esta decisión, "queda
Actuais traballadores 
constatado o despilfarro de diñeiro público, ao manter a estas persoas na súa casa, cobrando e sen traballo efectivo, só por eludir as sentenzas anteriores que obrigaban á readmisión do persoal". 
O sindicato vai reclamar a readmisión inmediata dos despedidos, para o que se vai a manter un encontro co comité de empresa para que desde este organismo efectúese tamén unha reclamación no mesmo sentido e os operarios regresen á administración con todos os dereitos cos que contaban. A CIG calcula que a administración autonómica ha ter que gastar máis de 400.000 euros en custos salariais
Os dous traballadores do Centro Comarcal de O Salnés non van poder usar as dependencias nas que exerceron o seu labor antes de ser despedidos pola Xunta. Non en balde, o Centro Comarcal de Ou Salnés pechou as súas portas o pasado mes de decembro, e as instalacións pertencen agora ao Concello de Cambados, que “ENCHUFOU” no mesmo a xente da súa corda, eses si que están enchufados por Luís Aragunde.
Parabéns os admitidos e por unha vez fíxose xustiza.

Ningún comentario: