15 de out. de 2013

MATIAS LEIRO FAI OS SEUS ESCÁRCEOS EN SOLITARIO

ESTE VENRES AS DOCE DA NOITE NA PEQUENA GALIA EN CALDAS DE REIS.
NON DESCARTA UN FUTURO EN
SOLITARIO, PERO PARÉCELLE MOI LONXE
Matias Leiro, cambadés, vocalista e guitarra dun dos grupos mais de moda deste verán “NOITE FECHADA”, fai os seus escárceos en solitario nun concerto acústico na Pequena Galia en Caldas de Reis, onde vai tocar versión do Pop Rock  e internacional, o concerto será sobre as doce da noite. Ante esta nova dun calado importante dentro do mundiño musical cambadés
puxémonos en contacto co protagonista, e dicir con Matias Leiro e o mesmo manifestounos   que basicamente o dos concertos en solitario é de momento unha cousa esporádica, xa que o que toca son versións en acústico de temas coñecidos por todos. Cando ten  algunha data libre na que non toca con Noite Fechada ou Stand By e lle sae a oportunidade pois alá vai, a parte de que é unha cousa que lle gusta, non esta demais sacar catro pesos extra inda que sexa para a fin de semana. Con respecto a un futuro en solitario pois non o descarta, inda que esa opción vea un pouco lonxe  pero nunca se pode dicir nunca.
THE LAS DANCE NO ENCONTRO DE BARRANTES O MESMO DIA A MESMA HORA
The Last Dance interpreta música feita con alma e paixón, que pode expresarse como un susurro, para logo conseguir doses de elevada electricidade. Un proxecto que bebe das fontes do soul, o folk americano, o rock e o postrock. Un trío que interpreta unha música definida pola acusada personalidade sonora dos seus 3 membros:Pilo Sierra Guitarra y Voz , Iago Banet Guitarra  e L.A.R., Legido Batería. Entrada 3 euros.

Ningún comentario: