AO PARECER LEVABAN DENDE A SÚA CONSTRUCIÓN CON LUZ DE OBRA
Un veciño do edificio sito na Rua Beleco Nº 25 de Cambados, púxonos en antecedentes e non dabamos crédito ao que nos contaba. Incluso nos enviou unhas fotos do edificio en
cuestión e da nota que está na porta principal do edificio e que textualmente di: “AVISO – SE INFORMA A TODO/AS LO/AS PROPIETARIO/AS E INQUILINO/AS QUE EN EL DIA DE HOY, “UNIÓN FENOSA HA PROCEDIDO AL CORTE DE LA ELECTRICIDAD DEL EDIFICIO DEBIDO AL IMPAGO POR PARTE DEL PROMOTOR DE LA FACTURA DE IMPORTE 1719.48 € - La Junta Directiva”. O veciño en cuestión cóntanos que parece ser que a promotora envíou unha nota de desculpa a todos os moradores do edificio que son un número aproximado de 16 vivendas, con negocios no mesmo e algún que outro despacho profesional polo que se ve na foto da fachada. Segundo nos conta ese mesmo veciño na mesma comunicación a promotora di que non é culpa súa este corte e que o mesmo pode durar un ou días, ao parecer xa levan tres sen luz. O veciño en cuestión dinos tamén que hai “mar de fondo” entre a promotora e varios veciños e non é de descartar que o asunto remate nos Tribunais, pois levaban catro anos con luz de obra. A nova non deixa de ser curiosa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario