23 de out. de 2013

V RALLYE DO ALBARIÑO CON CENTRO NEURALXICO EN CAMBADOS

A PARELLA CAMBADESA SUSO MIGUEZ-MAR ENTRE OS FAVORITOS
O sábado 16 de Novembro, o Club Clásicos Salnés organiza
o V Rallye do Albariño de Clásicos, con centro neurálxico en Cambados entre os que parten como favoritos a parella formada polos cambadeses Suso Miguez e a su muller Mar co seu BMW. O rallye constará de 320 kms, circulando por algúns dos coñecidos tramos do Rallye de
Velocidade e dalgúns tramos novos, coas súas convintes ampliacións, modificacións, bucles... Tamén rodaran en circuíto pechado no novo Kartódromo de Valga. O que si prometen os organizadores  é que este ano volverá haber motisima navegación, desde o primeiro tramo, con algún máis relaxado para gozar das preciosas paisaxes da zona. E como non, a parte social está asegurada con descansos na impresionante Casa dos Celenis, as estupendas viandas do Restaurante Lotus, a auténtica Taberna A´de Lino e a tradicional mariscada do Restaurante Forniños, e todo por 115 €. 
Xa están abertas as inscripciones. Para máis información www.clubclasicosalnes.com 

Ningún comentario: