14 de nov. de 2013

A GARDERÍA MUNICIPAL DE CAMBADOS CASE DUPLICA AS TAXAS DO CURSO PASADO

NALGÚNS CASOS ATE SUBIRON 85 EUROS DE GOLPE.
Algúns pais da gardería municipal de Cambados, quéixanse amargamente, a verdade que é o
único que poden facer, do incremento abusivo das taxas neste curso escolar 2013/2014, polo cal se senten bastantes molestos, sobre todo aqueles pais que teñen unha nómina fixa e non teñen  por “onde escorrer o bulto”, como fan algúns que chegan a gardaría en potentes vehículos, pero como non teñen nómina apenas pagan nada de gardaría.  Algunha queixa polo que soubemos, pero a nivel privado, tivo o Concello de Cambados. En concreto a un matrimonio que nos contou o caso e que ten alí un neno subíronlle case 85 euros de golpe (e sen avisar).  Algúns pais non ven xusto o que diciamos antes, que xente con cartos, e non imos falar a que clase de “negocios” se adican, e cun nivel adquisitivo alto non paguen un peso na gardaría. Estas son as cousas que non nos consta o noso queridísimo Alcalde e que a prensa do réxime por razón obvias tampouco nos conta pero si que , como as "almorranas", os pais sofren en silencio.

Ningún comentario: