14 de nov. de 2013

TRIPLETE DO CAMBADOS TM NO SUR E ASALTO AO LIDERATO

GAMBRA, KAZEEM AHMED E FERNANDO PADÍN, UNHA TRIPLETA DE OURO
O Cambados TM Fundación Deporte Galego saldou con
Gambra.
pleno de vitorias o seu triplo compromiso no sur de España, e nun intervalo de apenas 24 horas. Comezou a súa atarefada axenda xogando e gañando en Almendralejo ao Estremadura por 0-6, un resultado que reflicte a comodidade do partido. Breve descanso e enfrontamento pola tarde en Sevilla co Híspalis. Aí xa tiveron que traballar máis para vencer, aínda que ao final fixérono por 2-4. Resultou determinante o triunfo do
Kazeem
hispano-chileno Jorge Gambra sobre o arxentino Cilis situando o marcador en 1-4 e o punto que restaba xa non se xogou posto que os cambadeses querían gañar tempo e aforrar esforzos, podendo partir antes do previsto para Huelva, onde á mañá seguinte enfrontáronse co Hispanidad. E pese ao cansazo acumulado, o certo é que os cambadeses lograron a vitoria con autoridade 1-5 que poñía o broche de ouro a un duro fin de semana, pero moi produtivo para Gambra, Kazeem Ahmed e
Fernando Padin
Fernando Padín, pois grazas a este triplete de vitorias situáronse na primeira posición con 7 vitorias nas 7 xornadas celebradas. Aínda que é unha clasificación un tanto ficticia porque hai equipos con distinto número de partidos xogados, como Ceuta, que só xogaron tres e tamén está invicto. 
A quen lle arrebatou o liderato Cambados foi ao Liceo Casino de Vilagarcía, equipo ao que nesta xornada tocoulle descansar. 
OUTRAS LIGAS 
Na Primeira División Nacional o Grupo Barros derrotou por 5-1 a un Avilés que chegaba invicto a Cambados. Adrián Vidal e Martín Regueiro lograron 2 puntos cada un e Ñajo Padín outro. 
Na Terceira División Nacional o Chinelas venceu por 6-1 ao Liceo Noia B, equipo co que perdeu o Joyería Enrique por 3-4. E en Segunda Galega o Charol gañou 4-3 ao Vincios. 
NOVA RECOLLIDA DE DIARIO DE AROUSA

Ningún comentario: