12 de nov. de 2013

A LERIA ESTÁ DE ANIVERSARIO

FELIZ 10º ANIVERSARIO.
A Leria en Cambados é toda unha institución, os que peiteamos canas aínda lembramos a nai de Xaquin Xesteira, Pitusa Losada e o seu irmán  traballar alí, pois alí estaba instalada a oficina de Telégrafos.
Anos mais tarde , se non lembramos mal Antonio o Caramuxo e mais un sobriño crean  que  durante uns anos se chamou o “Camell”, sendo o primeiro bar que establece no que hoxe se coñece como a praza das Terrazas. Logo, ignoramos se houbo outro establecemento polo medio, nace o Pub a Leria, cafetería de día pub de noite.  Un lugar  que se transforma, polas mañás están as "parladoras" amas de casa “facendo mais de un traxe a mais de un”, polas tardes as nais cos seus nenos gozando dunha das prazas mais bonitas de Cambados e coa tranquilidade cara o tráfico para os nenos,  e xa polo noite sobre todo os venres e sábados convertese nun
Pub,pequeno pero agradábel. Non faltan tampouco as tardes de fútbol onde se discute coma sempre entre o Madrid e o Barsa. Politicamente está visitada por todo un arco parlamentario , pois podemos atopar xente da extrema dereita ata xente da extrema esquerda, simpatizantes do PP, PSOE, BNG, ANOVA etc. Sempre os seus donos,  dous rapaces moi queridos en Cambados,  colaboran en todo o que poden aí naceu a asociación “Xuga Bonito”, aí facíanse as estreas de “Chourizo Films”, aí ideouse o famoso calendario de espidos  para recadar fondos para “Esperanza Salnés”, nunca
dubidaron en colaborar con Unha Grande Che, asociación que os nomeo Chalequeiros,  e sempre participaban do Entroido dun xeito especial, a eles precisamente se lle debe o Entroido de Verán. Quizais nos esquecemos de algunhas cousas ,pero é moi difícil comprimir dez anos  dun sitio onde podes ver gozar a pais e fillos na mesma festa todos misturados sen problema ningún.  Tamén pasaron de largo rumores de traspaso como non podía ser menos, pero aí seguen firmes Rubi e Joaquin e o vindeiro sábado celebran o 10ª Aniversario deste peculiar e queridísimo local onde gozamos con xente que xa non está pero que nos seguimos lembrando dela,  a nos así facendo un repaso a “vuela pluma” lembramos a clientes tan especiais para a Leria como “Sabela”, ou “Charango”, entre outros,  que nos deixaron pero que seguro que  o sábado estarán alí con nos gozando da festa do Pub a Leria a partir das 21 horas, por certo, como non podía ser menos pídennos que vaiamos con algún adorno persoal para darlle un toque especial. Parabéns rapaces e que duredes moitos anos mais, se non existira a Leria habería que inventala. Unha aperta.



Ningún comentario: