12 de nov. de 2013

MATIAS LEIRO DEBUTA EN CAMBADOS COMO SOLISTA NO PUB ABORDO.

O MEMBRO DE “NOITE FECHADA” E “BLUE PAPER BAND, TEN UN CONCERTO O VENRES
O guitarra e cantante dos grupos
cambadeses “Noite Fechada” e “Blue Paper Band” debuta este venres en Cambados no Pub Abordo a eso das 12.30 da noite. Matias  xa fixera  os seus escárceos en solitario nun concerto acústico na Pequena Galia en Caldas de Reis, onde tocou  versiós do Pop Rock  e internacional. Matias Leiro xa nos manifestara a este blog   que basicamente o dos concertos en solitario é de momento unha cousa esporádica, xa que o que toca son versións en acústico de temas coñecidos por todos. Cando ten  algunha data libre na que non toca con Noite Fechada ou Blue Paper Band e lle sae a oportunidade pois alá vai, a parte de que é unha cousa que lle gusta, non esta demais sacar catro pesos extra inda que sexa para a fin de semana. Con respecto a un futuro en solitario pois non o descarta, inda que esa opción vea un pouco lonxe  pero nunca se pode dicir nunca.

Ningún comentario: