12 de nov. de 2013

COINCIDENCIA OU INTENCIONALIDADE?

O CONCELLO DE CAMBADOS REPARA AGORA UNHA PRAZA NA QUE O TENENTE ALCALDE DO PP ACABA DE ADQUIRIR UNHA CASA.
O PAI DO ENXEÑEIRO QUE FAI A OBRA
Casa do Tenente Alcalde
FOI  UN ALTO CARGO DE PP QUE VENDEU EMPRESAS A "TESTAFERROS" DE NARCOS , SEGUNDO “EL PAIS”
Varios veciños da zona acábanos de manifestar que non saben si é coincidencia ou intencionalidade pero resulta que o Tenente de Alcalde Antonio Iglesiaqs Pombo, segundo estes veciños, adquiriu fai uns meses unha casa na Praza de Abraldes de Fefiñans, no corazón de Triana e resulta que unha das rúas que se vai reparar estes meses por parte do Concello do PP,  é a Praza onde este concelleiro do PP mercou a casa.  Casa que por certo todos de Triana sabemos que sufría inundacións constantes e mais o seu anterior dono no inverno non quería nin oír falar da casa e que coincidencia que a
Praza de Abraldes - Triana
merca o Tenente Alcalde do PP e concello acorda o seu reparación.
Pero iso non é todo resulta que o proxecto para reparar esta praza está  redactado segundo o BNG fai constar no seu blog,  polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján para a “Adecuación da Praza de Abraldes e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”. E preguntarédesvos vos quen é Evaristo Juncal Froján.  Pois este enxeñeiro ven sendo fillo   fillo de Evaristo Juncal Carreira, presidente local do PP en Caldas e ex xefe territorial de Medio Ambiente e cun historial de medo. O pai deste enxeñeiro Evaristo Juncal Carreira  traspasou negocios a homes de confianza de coñecidos narcotraficantes de Cambados e da Illa de Arousa, segundo publica
o El Pais o 30/05/10. Segundo publica o mesmo periódico outra das empresas acabou tamén nas mans dun coñecido narcotraficante cambadés falecido en accidente de tráfico. 
 Aragunde fai un tres en uno nun “vira-vira”, primeiro ( e como escusa) repáralle unha praza os veciños de Triana, segundo  repáralle a canalización  e evita inundacións na casa mercada, presuntamente, polo  seu concelleiro e terceiro dálle o chollo, pese a haber no concello  un arquitecto técnico e un arquitecto superior,  a un fillo dun alto cargo do PP, metido en negocios turbios. ¡¡¡Lamentabel!!!.
E a prensa do reximen contandonos o sexo dos anxos.




http://www.blogsnacionalistasgalegos.net/victorcaamanho/index.php/2013/10/28/o-concello-segue-a-externalizar-funcions-a-pesares-de-haber-funcionarios-para-realizalas/

Ningún comentario: