12 de nov. de 2013

UNHA MARISCADORA DE CAMBADOS DENUNCIA CERTAS DEFICIENCIAS NA AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS A PE.

PRESENTOU UN ESCRITO NA CONFRARÍA QUEIXÁNDOSE DAS MESMAS.
Unha mariscadora da Agrupación de Mariscadoras de A Pe de Cambados presentou onte un escrito na Confraría facendo unha serie de preguntas e queixándose de certas deficiencias
entre elas destacamos as seguintes:
1º.- Que na asemblea celebrada o 28 de outubro pasado,   non se deu lectura íntegra  o Plan de Explotación 2014 quedando sen mencionar cousas tan importantes para a citada mariscadora como a xestión da presidenta, o funcionamento do punto de control, o destino do marisco sobrante do punto de control ou a previsión dos diferentes tarefas da Agrupación.
A persoa en cuestión queixase amargamente de que o Plan de Explotación  non se publique no Taboleiro da Confrarías previamente a asemblea.
2º.- Tamén denuncia que se inclúa de xeito arbitrario na asemblea  as contas do 2012, sen previo aviso nin exposición. (O cartel anunciando a asemblea solo tiña un punto do orde do día e era o Plan de Explotación).
3º.- Outras das cousas graves das que se queixa a mariscadora , e neste caso  da presidenta da Asociación,  e non dar unha quenda de palabra cando un mariscadora, a cal se lle abrirá un expediente, acusou a algunha das directivas  de vender marisco as depuradoras. Había pedidos varias quendas de palabra que non se deron xa a que a presidente deu por rematada a reunión.
A mariscadora en cuestión remata o seu escrito facendo unha serie de preguntas das que pola súa importancia destacamos:
- Por qué non aparece rexistrado o resultado final do orzamento do 2011 que ascende a 170.385,09 €.
- Porque está pendente de pago  unhas partida de "semilla"?
- Porque non aparece a venta “masiva” do marisco sobrante no punto de control e que pertence a agrupación.
- Porque non están contabilizados os soldos das compoñentes das directivas polo desenrolo das tarefas do punto de control.
- Pensa a directiva denunciar a mariscadora que as acusou de vender marisco nas depuradoras  ou vai dar por válidas tales afirmacións?
- Quen e porque, dende o punto de control  fai ventas "presuntamente" de marisco da Agrupación a nome do Patrón Maior, sen que o saiban as mariscadoras. (Deste feito xa foi acusado por varios socios nunha querela o citado Patrón maior, sen que polo de agora haxa resolución definitiva ao respecto).
- Porque se oculta o saldo da agrupación a 31/12/12.
Estaremos atentos o desenlace deste escrito, tento nun senso como noutro. E dicir tamén,  que este blog está a disposición da Agrupación por se queren  facer algunha manifestación ao respecto.


Ningún comentario: