TOMA A ALTERNATIVA NO EQUIPO FILIAL DO PONTEVEDRA
Blas Charlín é posiblemente o principal representante dunha nova fornada de adestradores de fútbol do Salnés. Aos seus 34 anos recentemente cumpridos chegoulle a oportunidade de demostrar a súa capacidade nun equipo sénior, e non un calquera. Trátase do filial do Pontevedra, coa repercusión que iso leva, e nunha categoría tan esixente como a Preferente. E os seus primeiros pasos non podían ser máis firmes. Blas leva tres partidos co
Pontevedra B e aínda non coñece a derrota. gañou o de casa e empatado os dous de fóra. Pero nin así ten garantida a súa continuidade á fronte do equipo. E é que o cambadés fíxose cargo do conxunto filial de forma interina cando o anterior inquilino dese banco, Manu Fernández, foi ascendido ao primeiro equipo para cubrir a marcha de Nando. Blas dirixía ao xuvenil de División de Honra, de feito segue facéndoo, e agora o Pontevedra debe decidir en cal dos dous equipos sitúao definitivamente. Mentres tanto el afirma estar encantado coa oportunidade que lle están dando e di ser “un adestrador de club e onde me digan traballarei moi contento e agradecido”.

Blas Charlín iniciou a súa andaina como adestrador no Pontevedra fai catro anos e en cada tempada foi subindo de categoría. No club están encantados co seu traballo e por iso non dubidaron en apostar por el. E os resultados están aí.
Recoñece que o cambio foi “moi grande” porque “No filial atopei moita profesionalidade e xogadores moi centrados aínda que son mozos” e destaca “a empatía entre adestrador e xogadores na forma de xogar”.
Blas Charlín foi compaxinando estas últimas semanas a dirección do xuvenil A e do filial. Pero esta semana aínda non sabe a que equipo dirixirá. Se o club opta por mantelo no cadro xuvenil de División de Honra terá que ir a Santander e esquecerase do filial. En caso contrario volverase a enfrontar a un equipo da comarca do Salnés, nesta ocasión ao Ribadumia (domingo, 12 horas). E isto non é algo novo para el porque dos tres partidos que dirixiu no segundo conxunto granate, en dous tivo rivais arousáns. Comezou co Caselas, logo
recibiu e gañou ao Unión Grove e o domingo pasado empatou na Illa contra o Céltiga nun partido que mereceu gañar. “O Unión Grove é un equipo moi mozo, e ten moito mérito a súa aposta pola xente dá casa. Aínda que pasen apuros farano coa cabeza alta e penso que este traballo vai a dar resultados non futuro”. E algo parecido opina do Céltiga. “Sentinme moi cómodo na Illa. A afección está implicada co equipo porque tamén hai moita xente dá casa”. Totalmente distinto é a formulación do seu próximo rival, o Ribadumia. E se segue no cargo, á semana seguinte tocaralle medirse ao Portonovo.

NOCA RECOLLIDA INTEGRAMENTE DE DIARIO DE AROUSA
Ningún comentario:
Publicar un comentario