MANIFESTATE MAÑAN DIANTE DO HOSPITAL DO SALNÉS
Confírmase a concentración diante do Hospital do Salnés que se realizará o 8 de novembro ás 20 h., a vez que diante doutros 13 hospitais do País. A batalla social non vai parar até que
a Xunta anuncie que non vai aplicar na Galiza a resolución que obriga a pagar polos fármacos.
a Xunta anuncie que non vai aplicar na Galiza a resolución que obriga a pagar polos fármacos.
Máis de 150 colectivos "representativos da sociedade galega" presentaron a semana pasada a Iniciativa galega pola gratuidade na sanidade. O dereito á saúde non pode ir en función do poder adquisitivo.
Nun manifesto conxunto aprobado na asembleia nacional desta fin de semana, exixen que a Xunta de Galiza se opoña á aplicación tanto do real decreto 243/2012, que estabelece o repagamento do transporte sanitario non urxente ou o material ortoprotésico; coma a resolución da Dirección xeral da carteira básica de servizos
do sistema español de saúde e farmacia --do 10 de setembro de 2013--, que fixa a obrigatoriedade de que @s doentes crónic@s paguen polos fármacos. Na mesma liña, queren que o Goberno galego inste o ministerio de Sanidade a derrogar ambas as dúas normas.

A mobilización non vai parar até que a Xunta se comprometa a non aplicar o repagamento no noso País, noutros territorios como é o caso de Castela-León tamén goberna o PP e non vai aplicar unha multa por padecer un cancro. E é que con esta medida haberá que pagar por fármacos coma o Afinitor ou o Tyverb empregados para combater o cancro de mama, o Votrient para o cancro de ril ou o Temodal para os danos cerebrais. En total, 157 prestacións farmacolóxicas e 47 medicamentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario