7 de nov. de 2013

GALLARDÓN, É DICIR, O PP, INDULTA A NARCOTRAFICANTES

A PLATAFORMA GALEGA CONTRA O NARCOTRAFICO FICA MUDA ANTE TAL ABERRACIÓN.
OUTRA VEZ AS SUBVENCIÓNS DA XUNTA DO PP ENMUDECEN OS DIRECTIVOS DA PLATAFORMA.
A Plataforma Galega contra o Narcotráfico estase a converter pouco mais que noutro organismo pertencente a Xunta do PP. A súa covardía e tal que perante o presente
escándalo volve a ficar muda  empodrecida polos cartos da subvención. Xa cando fora das escandalosas fotos do presidente da xunta cun narcotraficante recoñecido esta Plataforma “inerte” xa ficara tamén muda presa das subvencións da Xunta e de Louzán. Son uns covardes os directivos da plataforma neste senso, ademais hoxe en día esta Plataforma é totalmente inútil para a sociedade.
O BOE do martes publica 14 novos indultos aprobados polo Consello de Ministros do pasado 26 de xullo. Súmase a longo prazo lista de indultos concedida polo goberno Rajoy a proposta do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón. En concreto, 501 no 2012, unha das maiores taxas da democracia. 
Entre os novos indultados atópanse delincuentes de pescozo branco como Nicolae Ilie,
condenado o pasado 10 de novembro de 2011 por falsidade en documento oficial, tenencia de moeda falsa e tentativa de estafa. Tamén se libra de prisión José Alberto Mongil Alonso condenado o pasado 5 de setembro de 2011 por estafa en concurso e delito de falsidade en documento mercantil. O goberno lle indulta dos seus dous anos de condena por seguir o seu tratamento e non volver cometer eses delitos no prazo de tres anos. 
Despois están os "delincuentes familiares". José López Hartillofue condenado o 26 de abril de 2011 a nove meses de prisión pola falta de pagamento das pensións alimenticias ditadas
na súa sentenza de separación. Déixaselle libre con tal de que abone as pensións que debe. Pero o caso máis curioso é o de José Callos Vaquerizo, condenado o 14 de maio de 2009 a un ano de prisión por usurpación de estado civil. Sumaba ademais delito de falsidade en documento público e estafa. Un polígamo ilegal que fora condenado a 4 anos de prisión, libre de po e palla. 
Tamén están os delincuentes perigosos como Ahmed Mansoor, condenado o 25 de xaneiro de 2012 a 5 anos e un mes de prisión polo delito de homicidio en tentativa. O goberno rebaixa a pena a 2 anos. 
Indultos a narcotraficantes 
E para mellorar o ánimo dos corpos e forzas de seguridade do Estado, Gallardón tamén ha indultado a Antonio González de Caldas, condenado en Xerez o pasado 11 de abril de 2011 a 3 anos e un día por atentar contra un axente da autoridade. Recórtaselle a pena a dous anos. A cambio, tamén se indulta ao policía Luís Fontes, condenado por detención ilegal e
outros danos a dous meses de prisión e catro de inhabilitación. O goberno conmuta esa pena por dous anos de suspensión de emprego e soldo. 
Tampouco se esquece dos malversadores. Mª Dores Mateos foi condena o 26 de setembro de 2011 a 3 anos por delito de malversación. Gallardón rebaixa a pena a dous anos. 
Para rematar abundan os indultos a narcotraficantes. É o caso de Abdelali Aflar ao que tamén lle rebaixan a pena a dous anos. Ou o de Janis Seikals, condenado por tráfico de drogas a 4 anos, 6 meses e 28.037,49 euros. A misericordia de Gallardón recórtao a 6 meses "a condición de que non reincida". Polo mesmo, Gabriel Camilo Ricaurte Orofre foi condenado a 6 anos por un delito contra a saúde pública. O ministro de Xustiza rebaixa a pena a dous anos. En cambio, Julia Vergara, só deberá cumprir 6 meses de prisión a pesar de ser condena a 6 anos e un día e ao pago de 464.080 euros por un delito contra a saúde pública. Seis meses de prisión son os que tamén cumprirá Carlos Gimeno Zambranoa pesar de ser condenado a 6 anos e 6 meses por un delito contra a saúde pública. 
Ningún destes 14 indultos -nin ningún outro- foi motivado por razón de interese xeral ou equidade como mandata a Lei de Graza. O Supremo foi moi crítico co abuso da figura de graza cando foi consultado sobre o indulto do ex conselleiro delegado do Santander, Alfredo Saénz. Entón sinalou que se trataba dunha figura decimonónica que atenta contra a independencia dun poder xudicial que traballa con plenas garantías para o xusticiabel e incompatible co equilibrio e división de poderes.

Ningún comentario: