28 de nov. de 2013

CARTA ABERTA A JOSE PEPE, PENSADOR MEDIATICO E RESERVA ESPIRITUAL DA DEREITA MAIS CARCA

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Apreciado  Jose Pepe:
      Confesareille que me invade unha enorme solemnidade á hora de escribirlle esta misiva pois  vostede para min xa forma parte do pensamento
colectivo  de Cambados, desa galería  de personaxes tan propios e coñecidos do noso  pobo como, por exemplo,  Casimiro, Manolo “Cacá”,  Carmelo “Callán”
ou, mesmamente, o “tipo dos fulares”,  personaxes, por certo, que teñen todo o meu  respecto e cariño  (salvo o tipo dos fulares polo que soamente sinto pena)  e que, coma vostede, xa son unha peza importante da nosa intrahistoria local e, sen os cales, a nosa querida vila perdería toda a súa esencia porque, sexamos sinceros, ¿que seria de Cambados sen vostede,por exemplo, na zona de viños,  ilustrando os seus contertulios coa súa mais que demostrada oratoria, ou velo andar, con ese aire case de marcha militar, polo paseo marítimo? Rezo para que Deus lle dea  unha longa vida a vostede porque, o dia que falte, para moitos cambadeses será como se  nos faltase, algo tan noso, como os Balboas da praza de Fefiñans ou, mesmamente, a estatua de Bacu (nunca mellor dito).
      O motivo de esta carta é, basicamente, manifestarlle o meu asombro polos seus artigos de opinión nun coñecido diario, sabia que vostede era unha persoa conservadora pero nin de lonxe me imaxinaba que chegase a un punto tan rancio, vamos, que ó seu carón os de Intereconomia parecen militantes da kale borroka. 
      A maioría coñecémoslle, fundamentalmente, pola súa actividade como funcionario municipal, tantos anos, verlle tras o mostrador, nas oficinas do concello (cando non estaba ausente), é a imaxe que temos moitos cambadeses, gravada na retina,  e, como non, tamén
 xa é mítico  aquela anécdota de que, cando os mozos que tiñan que facer a “mili”,  e, por tanto, acudían ó concello para medirse e pesarse, vostede,  por non levantarse da cadeira, facíao “a ollo” (¡que crack é vostede, Don Jose Pepe!). 
      Moitos, tamén, vimos as imaxes da súa  emotiva cea de despedida, cando se xubilou; a min, persoalmente, o que mais me sorprendeu desa cea foi ver a foto dos últimos catros alcaldes cambadeses (peperos todos), compartindo mesa e mantel con vostede, e, sen embargo, non me consta que acudise o alcalde a quen mais debería ter agradecido que puidera chegar a xubilarse  como funcionario municipal (seguro que xa sabe por onde vou).
      Pero o asunto que nos ocupa hoxe, como xa mencionei anteriormente, é a súa faceta de articulista e a súa “particular” visión da actualidade.  
      

    Non vou a entrar a criticar o seu estilo, cada un ten o que ten, pero si destacarei algunhas contrariedades, así como a súa devoción desmedida  ó PP pero, sobre todo, a ignorancia que amosa alegremente no moito que conta. 
      Foi a casualidade a que quixo que a semana pasada atopase  neste mundo virtual que é internet o seu derradeiro artigo de opinión titulado “El copago debió existir siempre” e, nun claro, acto de masoquismo, linme  todos os anteriores, saídos desa “mente” tan “iluminada” que vostede ostenta. 
      Non comentarei todos artigos porque estariamos días e días, dado o cúmulo de incongruencias e parvadas que atesouran todos eles, centrándome so en algúns pero que poden ser un claro exemplo da súa liña editorial e de pensamento.   
      Por exemplo e xa que o mencionei comecemos polo anteriormente citado “El copago debió de existir siempre”; neste artigo vostede fai unha defensa a ultranza do copago de medicamentos que impuxo este goberno con afirmacións tan rotundas como (é cito textualmente):  
- “que si bien es cierto que debemos pagar por los medicamentos, se trata de cantidades ínfimas, poco más que céntimos de euro, y cuando se trata de personas con muy bajos ingresos o sin percepción alguna, que también hay, están exentas de pago. (Por ejemplo: Por un medicamento que vale 9,21 €, pagamos 0,92 €)”.

- En todo caso, debemos admitir que las cosas gratis no resultan buenas, porque se les resta valor y en definitiva, su importe tiene que salir de los impuestos con lo que estaríamos en una situación de injusticia social.

      Mire, Jose Pepe, cando se fala de algo (e mais nun medio público) hai que documentarse minimamente e non dicir a primeira “perogrullada” que se nos pasa pola cabeza; aquí ninguén recibe as cousas gratis, é mais, o copago xa existía antes e pagabámolo a través dos nosos impostos; vouche dar un dato no que se reflexa ata que punto tiñamos implantado xa o copago, non soamente nos medicamentos, senón en outras moitas cousas que segundo vostede recibimos “gratis”: un cidadán calquera,   cuns ingresos medios “traballa” para o estado uns catro meses ó ano, é dicir, si sumamos todos os impostos, tributos, taxas...  ( IVA, IRPF, IBI, etc.)  que como contribuíntes estamos obrigados a pagar, se pode dicir que, partindo dun ano natural,  ata maio, realmente, non utilizamos para os nosos gastos os nosos soldos; e agora ven vostede, mente privilexiada, e di que recibimos “gratis” as cousas; o copago o que  produce, nin mais nin menos,  é volvernos facer pagar, inxustamente,  por un servizo que xa temos abonado (e con creces).    
      En canto o que di de que son “cantidades ínfimas”, poñendo como exemplo os  0,92 €, deixe que lle diga que, por desgraza, esa é a cantidade que moita xente, por mor da crise, apenas lle pode dedicar para cada unha das súas comidas diarias, así que nunca relativice, o que para vostede ou pra min  é o prezo dunha “chiquita”, para moita xente é a parte que, lamentablemente, pódelle dedicar a alimentación ese dia.  
      Outro artigo  que me  chamou a atención foi o que titula “Los miserables” que  é a forma coa que define en palabras súas  a “los aproximadamente cien individuos e individuas que(..) vociferaron frente al Hospital “La Paz”, de Madrid, para pedir que la Delegada del Gobierno en Madrid, Cristina Cifuentes, ingresada en dicho establecimiento a causa de un accidente de circulación , (...) abandonase dicho hospital de titularidad pública y se fuera a otro privado”. Pero antes déixame recalcar outra frase que di o comezo de dito artigo: “No me refiero a la gran obra literaria de Víctor Hugo, brillantemente llevada al cine e interpretada por Gerard Depardieu y Jhon Malcovich, entre otros.”....... Mire, Don Jose Pepe, como xa lle dixen anteriormente, cando non saiba dun tema é mellor quedar caladiño, e, así,  non quedará de pedante, nin vir presumindo de cinéfilo:  nin Gerard Depardieu nin John  Malkovich (que por certo tíñao mal escrito)
traballaron na adaptación cinematográfica desa obra, e case me xogo un “huevo” e parte do outro, a que vostede non veu ningunha das distintas versións levadas ó cine  (a ultima do ano 2012); o que si fixeron ambos actores (por iso lle soan campás a vostede aínda que non saiba de onde veñen) foi participar nunha serie, producida exclusivamente para a televisión, de dita obra, ¿non será  que confundiu  a Gerard Depardieu e John  Malkovich con  Hugh Jackman e Russell Crowe que si interpretaron no cine dita obra? . 
      En canto a todo o malestar que manifesta no artigo polas protestas, mais que xustificadas por todo o que está a facer o seu amado PP coa sanidade madrileña, recomendaríalle que se informase un pouco antes de falar: na Comunidade de Madrid estanse dando cousas tan aberrantes como que están desviando a pacientes (sen previamente informalos) da sanidade pública á privada ou que un exconselleiro de dita  sanidade  (Manuel Lamela), imputado por corrupción, recibe un contrato do Ministerio de Sanidade para xestionar hospitais de Ceuta e Melilla; pero polo visto para vostede iso non é importante, quedase  na anécdota da protesta e na “peniña” que lle da, por elo,  a Delegada do goberno.      
 
    Por certo, neste mesmo artigo hai un comentario que, simplemente, paréceme vergoñento e que di textualmente: “si los trabajadores públicos, que gozan (me consta), de algunos privilegios, no resultan suficientemente eficientes y eficaces, no deben sorprenderse de que se busque la eficiencia y la eficacia en el sector privado...” . Parece mentira, Don Jose Pepe, que vostede  que foi tamén traballador público, fale desa maneira, tan miserable, dos seus ex compañeiros; eu, persoalmente, soamente coñezo o caso dun funcionario que gozaba de privilexios; un traballador público de Cambados (seguro que vostede tamén o coñece) que abandonaba o seu posto de traballo a unha da tarde para irse de viños e non regresar ata pasadas as 2 e media e que, en palabras textuais, dunha excompañeira de dito funcionario: “Cuando regresaba no se le podía dirigir la palabra porque con la borrachera que traia sacaba su peor genio”; por certo, ese funcionario, volvía pola tarde ó seu posto de traballo  para, literalmente, “durmir a mona” que collera pola mañá; o mais “caralludo” do asunto é que, despois, esas horas que pasaba nos “brazos de Morfeo” ¡pagábanllas como horas extras! (“¡con dos cojones!”). Si quere e ten curiosidade, Don Jose Pepe, un dia que nos vexamos dígolle, en confidencia, de que funcionario se trataba e outras curiosidades que me contaron excompañeiros de dito traballador público.

    A inmensa maioría dos funcionarios  públicos non so non gozan de ningún privilexio, senón que, a pesar dos recortes no seus soldos e nos seus dereitos, seguen traballando cunha vocación e unha dedicación admirable, eu falo con moitos, moitísimos traballadores públicos  , sobre todo, nos campos de xustiza (xestores, auxiliares, xuíces, fiscais), educación ( mestres, pedagogos) e seguridade (policías, gardas civís, policías locais) e, simplemente, so se pode aplaudir e agradecer que a pesar de ser vilipendiados, ignorados e desprezados por este goberno,  segan amosando unha profesionalidade, fora de toda dubida. 
      Outro artigo que me chamou, poderosamente, a atención foi o que titula “Una libertad de expresión muy peculiar” na que vostede ten a desvergoña, entre outras cousas, de darlle o mesmo trato ás agresións que sufriron, por parte dun grupo de extrema dereita, varios políticos, intelectuais e periodistas na delegación da Generalitat en Madrid, o pasado dia 11 de setembro (Dia da Diada Catalana) cun acto ocorrido, o mesmo dia, en Barcelona no que, neste caso, un grupo de extrema esquerda, queimou bandeiras españolas e fotos do rei. Soamente, voulle a dicir que hai que ter moita faciana, para intentar equiparar un feito a outro; persoalmente eu condeno as dúas accións pero, polo visto para vostede, é o mesmo que lle dean un puñetazo ou que lle rocíen na cara cun spray de gas irritante (pódolle garantir que isto último é extremadamente doloroso) a que, simplemente, na súa presenza queimen a bandeira ou o retrato do rei; creo que non fai falta dicir nada mais. 
      Por certo, Don Jose Pepe,  no mesmo artigo di o seguinte: “En nuestra Fiesta del Albariño ya forma parte del programa que un grupo de energúmenos se anticipe al desfile de la comitiva (...) , y con berridos y palabrotas del peor gusto, increpan al Presidente de la Xunta, aunque no tengan, como no tienen, motivo alguno. Ya sabemos que en muchos casos es un problema de educación, pero creemos que es conveniente medir debidamente estos comportamientos con el fin de mejorar la convivencia sin que se nos note la tendencia ideológica”.  Mire, apreciado señor, non lle vou a contestar, por educación, co mesmo cinismo que vostede empregou ó escribir isto ultimo, soamente direille que moitos deses  “energúmenos” (como vostede os chama) son xente humilde (por certo, de todas as ideoloxías políticas)  que perderon todos os aforros dunha vida, enganados polas preferentes ou xente que estivo emigrada, moitos anos, lonxe de Galiza pero mandando cartos para a nosa bendita terra,  e agora, que están xa xubilados, por mor de que este governo que  busca cartos ata debaixo das pedras, quere obrigarlles a pagar inxustamente .......... e vostede, Don Jose Pepe, ten o descaro de insultalos, isto retrata, moi ben,  o tipo de persoa que é vostede.   
      O derradeiro artigo  seu  que vou a comentar e no que   mostra unha clara  repulsa  ó aborto, leva  o orixinal  título de  “Los nuevos Herodes”; en dito artigo diríxese ó ministro Gallardón para dicirlle (e cito textualmente):  “ (....)    en su programa electoral llevaba la revisión de esta Ley, y por el porcentaje de mi voto que le toca al ministro de Justicia, Ruiz Gallardón, no le pido, le exijo que no se demore más el cumplimiento de ese compromiso, y también porque España está perdiendo cada año más de cien mil ciudadanos necesarios para la renovación generacional”. 
      Como sei, con total seguridade,  que vostede non se leu o borrador da  nova lei pola que   tanto clama a gritos, voulle a informar que dita lei  supón un atraso de mais de 40 anos, con respecto ó avanzado dende entón; supón denigrar ás mulleres, obrigarlles, en moitos casos, a que, aínda que o feto veña con graves malformacións, ter un fillo que non desexan. Non se engane, Don Jose Pepe, o aborto sempre existiu en España, incluso no franquismo, o problema é que soamente existía para as clases altas e podentes; esas clases altas que, como vostede, se opoñían o aborto pero ¡ai! cando quedaba preñada a filla adolescente e para evitar o “que diran los vecinos”, collían un avión e viaxaban a Londres para abortar, iso pasou sempre e coa lei que quere impoñer Gallardón volverá a pasar, mentres que as clases humildes obrigaráselle, a ter fillos non desexados; vostede, seguro que como eu, coñece casos de rapazas, que por un descoido, que lle pode pasar a calquera, ven trastocados os seus plans de futuro (estudios, traballo) e a ter un fillo contra a sua vontade.
      Por certo quero destacar a ultima frase: “(...) y también porque España está perdiendo cada año más de cien mil ciudadanos necesarios para la renovación generacional”.  ¿ que pasa Don Jose Pepe? ¿para vostede as mulleres son, simplemente, fábricas de ter cidadáns para a “renovación generacional” e para maior gloria  do Estado? Persoalmente para min iso é moito mas denigrante para a muller que, por exemplo, chamarlle “chochito de oro”. 
      Outra comentario seu que aparece en dito artigo, digno de mencionalo, di textualmente: “Se invoca un derecho de la mujer a disponer de su cuerpo, pero se oculta que también dispone del cuerpo de su hijo de 14 semanas de vida, con corazón, cabeza, tronco, extremidades y ALMA”. Dende aquí e agora fago un chamamento público (e estou disposto a iniciar unha recollida de firmas)  para que o señor alcalde de Cambados se poña en contacto con Estocolmo e lle concedan a vostede o premio Nobel,  a pregunta que tantos científicos, filósofos e teólogos levan tanto e tanto tempo facéndose, vostede atopoulle resposta: ¡¡O ALMA EXISTE!! e non so iso, senón, que  ¡¡xa existe nun feto de 14 semanas!! ........querido Don Jose Pepe, con todo o respecto do mundo: ¡non ten nin “puñetera”  idea do que fala! o tema do alma ou si lle quere chamar consciencia, personalidade, etc. é unha cuestión  que leva sendo tema de debate,  fai xa moitas décadas; dende un punto  científico, algúns estudos apuntan a que esta podía estar situada en algunha zoa concreta do cerebro; si a iso sumamos que o cerebro é unha das partes que mais tarda en formarse dada a súa complexidade en canto a rede neuronal, conexións nerviosas  etc.  Case podo asegurarlle que é mais probable que eu caia rendido aos seus (mais que evidentes) encantos e que  vivamos un apaixonado romance  a que nun feto de 14 semanas poda atopar alma.  
      Por certo que ninguén que no me coñeza se vaia a levar unha opinión equivocada de  min, se hai algo que me gustan e considero que merecen toda a protección do mundo son os nenos e, nun terreo persoal,  para min os días mais grandes da miña vida foron os nacementos dos meus tres fillos ( e nos tres casos ter a sorte de estar presente no parto); pero cando falo de niños, falo de persoas nacidas, totalmente formadas, e con todos os dereitos que lles amparan. Un feto de unha , tres ou catorce semanas non pode ter mas dereitos que unha muller que ao fin e ao cabo é a que corre con todos os riscos na súa xestación e menos senón é desexado, pode vir con graves malformacións ou pon en risco a saúde da propia muller.     
      Gustaríame seguir falando, Don Jose Pepe, pero penso que xa me  teño estendido moito, quédanseme moitos temas no tinteiro, so me queda animarlle a que siga facendo as súas colaboracións no xornal porque así eu terei claro a miña ideoloxía que, sen lugar a dubidas será o oposta ao que vostede escribe. 
      Finalmente e dende aquí convídolle a que cando nos atopemos polo noso bendito pobo, a tomar  unha botella de albariño ( ¡¡pago eu, faltaría mais!!) porque como di un refrán “Ata do maior charlatán sempre podes aprender” ........................., en realidade, debo confesar que o acabo de inventar, pero non me negara que queda ben. 
      
      Un saúdo e os meus mellores desexos   para vostede. 
            
                                 RICARDO DOMINGUEZ REY        
     

1 comentario:

o quinto dixo...

este josesiño pepiño parecese moito a rompetechos, poñen un burro a pastar no campo verde e el confundeo con un municipal dirixindo o tafico e ti comparalo con casimiro pobre casimiro, por certo ¿como fixo a nora,de jose pp pa entrar de conserje no colexio de corbillon seria polo nivel cultural tan grande que ten?por certo eu escribo en galego a pesar de non saber,porque na escola os amigos deste individuo metianche corenta golpes coma un pulpo por decir buraco, tenia que ser agujero