28 de nov. de 2013

UN SOCIO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS CHAMA TRAMPÓN A LUÍS ARAGUNDE E O RETA PUBLICAMENTE A QUE APORTE UN DOCUMENTO

ACUSA AO PROGRAMA “LA OPINIÓN”, NO QUE PARTICIPOU ARAGUNDE,   DE ESTAR MANIPULADO.
Onte estivo estivo no programa “La Opinión” “Pinocho” Aragunde Alcalde de Cambados ,
por certo un programa totalmente servil ao Partido Popular e sobre todo a Rafael Louzán , “dono e señor” da emisora a cal manexa ao seu antollo. Pois ben este programa entre outros foi escoitado por un socio da Confraría de Cambados, concretamente por Luís Costa Oubiña, quen na súa conta de facebook que publica no grupo “Cambados Noticias”, facía unha seria de aseveracións bastante curiosas. Luís Costa , acusou  primeiramente ao programa de que as chamadas estaban totalmente preparadas. “Pinocho” Aragunde dixo que ían facer unha praia no Pombal (unha megaconstrucción que xa ideou Tourís fai oito anos
como mínimo), e que para iso están a facer as comportas, Pinocho aseveraba que os biólogos lle dixeran que unha lámina de auga no Saco de Fefiñans, favorecería o marisqueo.  Luís Costa chámalle trampón a Pinocho Aragunde, adxectivo comprobado e constatado por moita xente en Cambados, pois argumenta Costa que expulsaron da Confraría a unha bióloga por negarse a asinar o informe favorábel as comportas, e seguidamente este socio reta a Luís Aragunde publicamente  a que faga unha reunión cos socios da confraría e que amose publicamente o informe e o nome dos biólogos que din que as comportas son boas para o marisco. Evidentemente a covardía de Luís Aragunde non ten límites e estamos seguros que non vai aceptar este reto porque sabe que non ten ese documento e que está a mentir como fai sempre.
XULGAR POR VOS MESMOS, AQUI TEDES O PROGRAMA COMPLETO
http://radiopontevedra.com/audio/ventana.mp3
(GRAZAS A XURXO CHARLIN POR FACILITARNOLO)

Ningún comentario: