1 de dec. de 2013

UN GRAN ESCOMBREIRO O LADO DA VÍA RÁPIDA

NA PARROQUIA DE VILARIÑO
Que Cambados é un pobo descoidado polas autoridades é
un feito máis que constatado por este blog e por outros blogs que desbullan a actualidade de Cambados, en algúns aspectos a nosa vila é un verdadeiro desastre. Preto dos escombreiros que levamos aquí denunciando moitas veces o concello segue a
facer  caso omiso das nosas denuncias. Esta vez un veciño de Vilariño envíanos estas fotos, un gran escombreiro ao carón mesmo da vía rápida , pouco antes da gasolineira que
hai en Vilariño e mesmo a veira dun estrada auxiliar. O concello de Cambados, nin dicíndolle onde hai escombreiros os eliminan.

Ningún comentario: