1 de dec. de 2013

A DESEÑADORA CAMBADESA EVA SOTO CONDE EN “A REVISTA” DA TVG

A REPORTAXE FOI GRAVADE NO COQUETO E MAXESTUOSO HOTEL RIAL RIBADOMAR
DE MODELO FIXO A GUAPISIMA CAMBADESA ALEX APARIZ
O 17 de outubro pasado publicabamos neste blog que a deseñadora Eva Soto estaba a facer unha reportaxe para a TVG para o programa  “A Revista” realizado no Hotel Real Ribadomar e con expteriores no Pazo de Fefiñans, pois este emitiuse nantronte.
A moda galega continúa dando a coñecer novos valores. Hoxe queremos presentarlles a unha creadora de Cambados, decian os da galega neste reportaxe. Chámase Eva Soto Conde e aúna arte e moda cando desenvolve o seu traballo.
Os seus, son deseños para ocasións moi especiais, pezas exlusivas que poden ser
consideradas como de alta costura polas horas de labor artesanal que dedica para elaboradas.
A súa última colección, correspondente á primavera e verán de 2014, amosouna na pasarela destinada aos deseñadores novos da última edición da Madrid Fashion Week. Son 18 vestidos, cun denominador común: a cor rosa, que evoluciona en diferentes tonalidades.
Nesta reportaxe descubrímoslles, máis polo miúdo, como son.


                                   

Ningún comentario: