6 de nov. de 2013

CONCERTO DA ORQUESTRA DE CÁMARA LIRA EN CAMBADOS

CO GALLO DO ANIVERSARIO DE CABANILLAS
O vindeiro sábado 9 de Novembro ás 21 horas, terá lugar no Auditorio de Cambados un concerto a cargo da ORQUESTRA DE CAMARA LIRA, dirixida por Algirdias Pocius co gallo do aniversario de Cabanillas.
A agrupación pontevedresa, baixo a dirección do seu titular, Algirdas Pocius, interpretará varias pezas que serán do agrado dos asistentes.
A A.C. Lira naceu no verán do ano 2003, auspiciada pola asociación cultural da que toma o seu nome, coa intención de potenciar o coñecemento e a difusión da música clásica, ademais de contribuír á formación e promoción de mozos músicos, e coa pretensión de chegar a ser, quen sabe, talvez o xerme dunha futura orquestra estable na cidade de Pontevedra.
Na actualidade, forman esta nova agrupación  novos instrumentistas de corda violíns, 7 violas, violoncelos e un contrabaixo- todos en período de formación, na súa maior parte estudantes de conservatorios de música da provincia.
O director, o violinista Algirdas Pocius graduouse na Academia Superior de Música de Lituania e desde 1994 vive en España. Cunha dilatada experiencia como concertista e profesor, exerce como docente no Conservatorio Municipal de Música de Tui e é fundado da escola MKC de Pontevedra.

Ningún comentario: