6 de nov. de 2013

O PSOE CAMBADÉS DENUNCIA SUBIDA DE TAXAS E PROLIFERACIÓN DE RATAS EN CAMBADOS

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS VOTARON EN CONTRA DA SUBIDA XENERALIZADA DAS TAXAS QUE ACABA DE APROBAR, CO RODILLO DA SÚA MAIORÍA ABSOLUTA, O CONCELLO DE CAMBADOS.
Unha vez máis, o Partido Popular é o vivo exemplo de cómo unha maioría absoluta se pode volver en contra dos que lle outorgaron esa maioría, é dicir dos cambadeses. E iso foi o que ocorreu no último pleno, no que o goberno municipal se valeu de esa maioría para modificar 26 ordenanzas municipais reguladoras de taxas.
Taxas que pagamos todos, como pode ser a da recollida do lixo, a traída de auga ou o alcantarillado, por poñer varios exemplos cotiáns, vense incrementadas trala aprobación por unanimidade do equipo de goberno. En palabras da portavoz socialista Fátima Abal: "nos pensamos que os cidadáns xa teñen demasiados gastos como para poder afrontar unha nova suba. Recordamos que o goberno subíu o IBI un 50% nos últimos dous anos e que a
Xunta subíu a auga e ademáis instaurou un canon de saneamento no uso doméstico"
Pero aínda hai máis, xa que no contexto económico de crise en que nos atopamos, no que día tras día moitos pequenos e medianos negocios se ven obrigados a pechar as súas portas, este concello, que parece insensible ante esta situación, sube cada vez máis unhas taxas que perxudican a un sector tan importante para a economía local como é o do pequeno comercio. Sectores coma o da hostalería ven incrementada a taxa que teñen que pagar por dispoñer de terraza. Escaparates ou toldos tamén son algúns dos elementos afectados pola suba. Ou servizos como os da praza de abastos ou o mercado, que tamén se verán afectados por esta suba.
O servizo de gardería e ludoteca tamén pasa a ser máis caro trala aprobación desta ordenanza, así como a utilización dos servizos sociais, culturais e deportivos. Segundo a portavoz do PSOE: "Tendo en conta a perda de poder adquisitivo de moitas familias e a situación que se está vivindo, coa cantidade de desempregados que hai en Cambados, moitos deles sen cobrar ningún tipo de axuda, que están indo a recoller comida tanto a Cáritas como a outros organismos, non nos parece xusto subir as taxas aínda que só sexa para adecualas ó IPC. Hai formas mellores de cadrar as contas públicas nos tempos que corren, por exemplo aforrando nos gastos superfluos" manifestou Fátima Abal. Sen embargo o alcalde, limitouse a botar balóns fora e culpar como sempre ós demáis de tódolos problemas, botando a culpa á herencia recibida como si estes dous últimos anos non existiran.
Por este motivo, os concelleiros do grupo municipal socialista votaron en contra, no pleno celebrado este xoves, da suba de taxas, ó tempo que lanzaron unha proposta: "xa que o goberno fala da tan próxima recuperación da economía española para o 2014, ¿por que non se apraza esta suba ata o vindeiro ano, para cando esta recuperación sexa efectiva e as familias poidan afrontar máis desafogadamente os pagos?". Proposta que nin sequera se chegou a ter en conta, xa que, o único que fixo o Alcalde no Pleno, foi comparar as taxas do noso Concello co IBI dos Concellos que o tiñan máis alto  co noso e botarlle a culpa das subas do noso Concello ó goberno de Zapatero.
OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN A PROLIFERACION DAS RATAS E NUTRIAS NO PORTO  DE TRAGOVE
Os Socialistas de Cambados solicitaron nos Rogos e preguntas do Pleno do xoves que  o goberno municipal procurase unha solución para a desfeita que están a sufrir nos aparellos de pesca os mariñeiros no Porto de Tragove.
Os mariñeiros denuncian que se deixou de desratizar o Porto de Cambados, como se facía antes, botando veneno nas inmediacións do espigón, para que as ratas non afloren cando chegan os barcos ó Muelle.
O que os mariñeiros se atopan tódolos días é que a carnada desaparece e as nasas están roídas. O problema das ratas é un problema que os socialistas xa veñen denunciando desde hai un ano en moitas zonas do noso pobo. Segundo lles contestou o Alcalde no Pleno, xa se están tomando medidas, aínda que polo que se ve, non son efectivas.
A este problema das ratas en Tragove, agora engádeselle o da aparición de nutrias que tamén rondan polo muelle e fan iguais destrozos nos aparellos dos mariñeiros e na carnada, ocasionándolles grandes gastos ós traballadores, polo que últimamente están optando por subir os aparellos a terra cada día coas molestias que esto lles ocasiona…
Esperan os socioalistas que por unha vez o goberno municipal faga caso da súa petición para que os mariñeiros non teñan que estar a sufrir estes destrozos nunha época na que apenas se gaña e todos son gastos engadidos.

1 comentario:

MANUEL dixo...

Hai moito tempo que Cambados está sendo "invadido" po las "ratas" e o único veneno activo contra elas son AS URNAS, pobre de nós que estamos a ver como se merman os nosos soldos e pensións e estas ratas non paran de maquinar e artellar formulas para acabar cos aforros e coa paciencia da xente. Nin conciencia, nin gestión, nin ganas de facer as cousas medianamente ben, entre estes ILUMINADOS e os seus ASESORES ( a ver cando desaparece esta clase de ratas de alcantarilla podre) que chupan o que non hai, os pobos iremos vendo como a miseria mais cutre se instala en moitas casas de familia. De pena.