20 de nov. de 2013

CONCERTO SOLIDARIO NO ENCONTRO

“NOITE FECHADA” ENCABEZA O CARTEL

O venres 22 de novembro a partir das 22.30 no Pub Encontro de Barrantes contarán  coa mellor música en directo da zona da man dos Noite Fechada e

Naked Covers e Outro Carallo , esta vez reunidos por unha boa causa. A recadación deste concerto de carácter benéfico doarase á asociación Amigos de Galicia, contribuindo a que
sigan axudando aos máis necesitados da nosa comunidade. O prezo da entrada irá á vontade de cada un, xa que será o donativo que todos os asistentes realizaremos para contribuir coa causa. O prezo das consumicións increméntase en 50 céntimos a partires das 22.00h, os cales se destinarán directamente ó bote da causa.
Este é un acto solidario. Por suposto, donar é totalmente voluntario. 
Xa sabedes, a festa está asegurada, e qué mellor ocasión que esta para ir de carallada contribuindo con quen o esta pasando mal.

NOITE FECHADA O SÁBADO EN VIGO NO VENTO ROCK


Ningún comentario: