20 de nov. de 2013

DE PRESIDENTE DO COLEXIO DE ARQUITECTOS TÉCNICOS DE PONTEVEDRA A ESTAR “CASE APARTADO” NO CONCELLO DE CAMBADOS.

PELAYO EYO VALLADARES UN PROFESIONAL MINUSVALORADO
Mentres o concello de Cambados de xeito descarado e sen ningunha explicación ao respecto,  pouco menos que ten o arquitecto técnico de adorno, no seu colexio foi nomeado presidente
dende o mes de xuño pasado ao cal xa levaba vinculado a directiva mais de 20 anos. Dende hai tres décadas é tamén o arquitecto técnico do Concello de Cambados que compaxina co exercicio  da súa profesión na capital do Lérez. Dende fai a aproximadamente dúas anos o concello e sobre todo o seu Alcalde Luís Aragunde sen ningunha explicación (nos supoñemos a causa pero quen ten que dicila e o Alcalde) da noite para a mañá aparta a Pelayo Eyo valeirando practicamente de funcións e deixando como un “funcionario de adorno”, mentres o Concello contrata un arquitecto que ven a realizar as funcións que anteriormente tiña Pelayo, co que temos a dúas persoas que fan as mesmas funcións e dicir as de asesoramento técnico urbanístico, certificacións e informes, seguimento e dirección de obras municipais, inspección de obra, elaborar informes técnicos en materia de concesión de licenzas municipais
solicitadas por particulares e entes públicos, atender e informar ao público e demais traballos que se lle encomenden e teñan relación co seu cometido. Este capricho de Luís Aragunde venlle a custar os cambades 2.500 euros mais o mes aproximadamente que obviamente como el non paga que mais lle da, e cun horario que so o saben o arquitecto en cuestión e o Alcalde.
Temos un arquitecto contratado pero para que nos fai falta si para contratar unha obra temos que pagar os honorarios doutro profesional tal como se fixo co enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján (por certo  fillo de Evaristo Juncal Carreira, presidente local do PP en Caldas e ex xefe territorial de Medio Ambiente e cun historial de medo, como vedes Aragunde non da puntada sen fío) para a “Adecuación da Praza de Abraldes (con respcto a esta praza temos escándalo a vista) e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”, así como o proxecto técnico, redactado polo Arquitecto Julio De Miguel Castro, para a realización das obras de “Reparación e Restauración da cuberta do pazo de Torrado para a mellora da eficiencia enerxética”. 
A contratación do novo arquitecto  púxose en marcha en setembro do 2008 cunha subvención da Administración autonómica. Co fin de facilitar a comprensión da nova normativa a todos os veciños, a Xunta ofreceu subvencións aos distintos concellos para que puidesen contratar, por catro meses, a arquitectos que se encargasen de atender as diversas dúbidas que esta nova normativa podería espertar nos veciños..contratárono para catro meses e leva cinco anos. Ou sexa que temos a dúas persoas Pelayo Eyo Valladares e Antonio Espinosa Murais, en teoría facendo o mesmo traballo pero tendo que pagar os cambadeses dous soldos. E despois din que non hai cartos.

Ningún comentario: