3 de nov. de 2013

DESPOIS DIN QUE NON HAI CARTOS PARA SANIDADE E ENSINO…

...PERO A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA É UN POZO SEN FONDO.
QUE FAN O BNG E PSOE NA DEPUTACIÓN?
O ente que dirixe Rafael Louzán gasta case 2,5 millóns en nóminas ao mes e case dous millóns en préstamos hipotecarios. Aproba pluses de produtividade polo "grado de interés e iniciativa en el desarrollo" no posto de traballo, contrata a persoal vinculado ao PP e subvenciona xenerosamente eventos de escasa repercusión social.
A Deputación de Pontevedra é un pozo sen fondo. Galicia Confidencial tivo acceso as contas, contratos e operacións desta entidade durante os meses de setembro e a metade de outubro deste ano e os datos son ben relevantes de para o que serve e se destinan os millóns que esta institución xestiona co diñeiro público de todos os pontevedreses.

O organismo que dirixe Rafael Louzán gasta mensualmente 2.479.000 euros en nóminas aos traballadores; 50.794,00 euros de altos cargos, 31.863,96 euros de plans especiais,  1.448.559,47 euros en nóminas de funcionarios, 615.655,08 euros de personal laboral, 39.739,37 euros en nómina de emprego e 293.285,63 euros para bolseiros.

Un orzamento que, ademais, varía mensualmenten en función dos pluses dalgúns funcionarios. E é que a deputación concede "complementos de productividad por el grado de interés e iniciativa en el desarrollo de su puesto de trabajo" aos empregados. Nos documentos consultados por GC hai máis dunha dúcia de persoas que foron gratificadas con este plus . De feito, por este conceito destinou 184.948,29 euros para o persoal funcionario e interino e 76.523,43 ao persoal
laboral na nómina de setembro "por la actividad extraordinaria, especial rendimiento, interés e iniciativa desempeñados".
Pagas anticipadas e gastos de desprazamento e matrícula de cursos
Non é a única axuda que perciben algúns funcionarios. Outros son agraciados con pagas anticipadas que, nalgúns casos case chegan aos 5.000 euros, gastos de desprazazamentos e de matrícula a determinados cursos --mentres que a outros se lles nega-- ou permisos para realizar traballos fora do horario laboral. Así, neste documento pode lerse "liberando 9.631,30 euros a C.B.L, importe justificación de fondos liberados con cargo al anticipo de caja fija para atención de gastos de carácter periódico".

Ademais, os funcionarios da deputación beneficianse de axudas sanitarias, plans de pensións e mesmo de "gastos de sepelio". Por este conceito se lle pagaron a L.B.S. 1.800 euros polo enterro do seu home "funcionario", segundo recolle a orde de pago do ente provincial. En setembro as axudas sanitarias foron de 7.948 euros e en outubro 6.272. Sen embargo, tamén hai varios empregados públicos aos que se lle retivo o soldo por pagos pendentes á Axencia Tributaria, xulgados ou outros organismos públicos. 
"Nomeamento de interinos" vinculados ao PPdeG
A política laboral da Deputación de Pontevedra tamén inclúe a "ampliación de disponibilidade", a "contratación laboral" ou o "nomeamento interino" de persoal sen oposición, e con vinculación directa co Partido Popular. 
Préstamos
A este gasto en persoal tamén se lle suman os numerosos préstamos que o ente provincial ten con determinadas entidades bancarias, principalmente, o Banco Santander, BBVA e
NCG. Así, abonou 1.946.264 euros a estes bancos por determinadas cuotas de créditos pedidos para pagar as anualidades de 2007, 2008, 2010, 2011 ou para financiar as inversión do IPESPO. Ademais, tivo que facer fronte a máis de 65.000 euros en intereses. Esta é so unha mostra:

"Declarando de abono 57.166,18 euros al Banco Santander, importe intereses (6.446,25 euros) del período 03/09/13 a 03/12/13 y 4ª cuota (50.719,93 euros) del préstamo nº 496781201000569 destinado a financiar parte de la anualidad 2011 del PID/09-11.
Declarando de abono 422.018,63 euros a BBVA SA, importe intereses (47.018,63 euros) del período 30/09/13 a 3/12/13 y 5ª cuota (375.000,00 euros) de amortización del principal del contrato de préstamo con apertura de crédito nº 10-076046 destinado a financiar inversiones del ejercicio 2010"... E así ata tres partidas máis, polo menos, na documentación analizada por Galicia Confidencial. 
Extraños contratos
En setembro e a primeira metade de outubro tamén chama a atención determinados contratos realizados pola deputación coa axudicación a COPORCEL SL do contrato de suministro de porcos celtas "para el intercambio internacional turístico gastronómico Cabeceiras de Basto Lalín".  O importe, 2.200 euros.

Tamén se lle adxudica a Franzcisco Charlín Pérez o contrato do servicio de organización dun circuíto de doce actuacións musicais en casas de cultura e
centros sociais da provincia coa Orquesta Internacional  D'Tacon por importe de 21.054 euros.

E tamén a celebración da 21ª BOLCOTUR, da que se beneficiaron Vigo Cruise Terminal SL, contratada para para o uso da sala "Dársena A Laxe" do 15 ao 18 de outubre  por 1.191,85 euros, o Hotel Ciudad de vigo SL polo contrato do servizo de aloxamento dos asistentes por importe máximo de 5.781,60 euros e Expoatlántico SAU polo contrato do servizo de montaxe, equipamento e desmontaxe por importe de 21.247,60 euros.
Contratos deportivos e "La Vuelta"
En materia deportiva, chama a atención o gasto de 40.000,00 euros a favor de Unión Dena CF Meaño para "Reparación de vestuarios" e a "Mejora de vestuarios y gradas del campo de fútbol de O Buelo (Moraña)", por importe de 86.311,84 euros a Eiriña SL e 5.000,00 € a favor do Club de Rugby Lalín para "gastos Deportes, Intervención de participación en ligas y competiciones oficiales".

Nas contas de setembro e outubro tamén hai gastos que abonar pola Vuelta. Neste caso, trátase da axdudicación a Barreras de Seguridad SL, do suministro de separadores de vías para o Parque de Maquinaria, por importe de 21.6955   Ou tamén a "liberación" de 600 euros que se atopan en fase de disposición de gasto na aplicación de "Gastos de promoción" como consecuencia da diferencia entre o prezo da
axudicación (3.00 euros) e o prezo final (2.400 euros) do contrato de servizo dun "menú cena" con motivo da chegada da primera etapa de la "Vuelta Ciclista a España 2013". 

Tamén chaman a atención outras contratacións como a realizada a Deltia SL polo contrato de asistencia técnica para a consultoría e xestión de redes sociais da deputación que  suma 71.269,00 euros e, especialmente, aquelas que teñen que ver con publicidade.
Máis cartos para os medios de comunicación
A pesares de que este tipo de gastos fanse en capítulos diferentes a través de convenios específicos, o certo que tamén nas contas de setembro e outubro aparecen partidas para os medios de comunicación, concretamente, Onda 0, La Voz e as revistas España Exterior e "Sentimiento Celeste". Así, esta última recibiu 3.630,00 euros e España Exterior 6.050 euros por unha páxina de publicidade no anuario turístico "Galicia Selecta 2013". 

A UNIPREX SA tamén se lle contrata o patrocinio publicitario do programa de radio "Herrera en la Onda" que se emitiiu desde O Grove o 2 de outubre por 
 importe de 21.719,50 euros e a La Voz de Galicia SA o contrato para  a inserción de publicidade en La Voz por importe de 2.952,40 euros.
Axudas a entidades relixiosas
A Deputación de Pontevedra, como tamén fai a Xunta e outros organismos gobernados polo PPdeG, tamén insisten nas súas axudas a entidades de tipo católico. En outubro foron  6.000,00 euros a favor  da Fundación Asilo Hospitalillo Residencia "Divina Pastora"para o mantemento do servicio de enfermería e outros 6.000,00 euros para Cáritas Diocesana de Tui-vigo para financiación do proxecto "PROGAIN".

Curiosamente, os documentos analizados tamén recollen a anulación, "por renuncia del interesado" da contía económica do Premio Provincial á Cultura 2012 concedido a Silverio Rivas Alonso.

E MENTRES RAFAEL LOUZAN  TEN CARTOS QUE LLE DAMOS TODOS NOS,  PARA TODAS ESTAS TRAPALLADAS,   CANDO CHOVE UN POUCO EN CAMBADOS ESTAMOS ASí:





NOVA RECOLLIDA INTEGRAMENTE DE GALICIA CONFIDENCIAL


1 comentario:

MANUEL dixo...

Un reino de cartos, favores, pagos en B, A, C.... modus operandi tipo mafia siciliana,¡Que falta de valores ten a nosa sociedade! Elementos de este calibre xestionando os cartos de todos nós de esta maneira non poden andar de rositas, mais tarde ou mais cedo cada porco ten o seu SanMartiño. E despois falan de recortes necesarios nas diferentes áreas esenciales po desenrolo da persoa, ¡Que desastre de país!