3 de nov. de 2013

O FAMOSO FOTOGRAFO EDUARDO APARIZ UTILIZA AS RÚAS DE TRIANA COMO ESTUDIO FOTOGRÁFICO

APARIZ DÉRASE A COÑECER CO FAMOSO CALENDARIO DE ESPERANZA SALNÉS QUE ESTE MES CUMPRE SEIS ANOS.
Ao longo do tempo todos os que viamos en Eduardo Apariz
Diaz un excelente fotografo, non nos equivocamos nin o mais mínimo.  Eduardo con seis anos de experiencia e un dos fotógrafos mais afamados de Galicia e incluso ten traballos de outras partes do estado español e xa non é primeira voda que fai tamén para Estados Unidos. Eduardo normalmente aínda que os noivos non sexan de Cambados, el sole escoller lugares da nosa preciosa
vila,  que como estudo fotográfico non ten prezo. O derradeiros dos recunchos da nosa vila en plasmar en fotografía son as Rúas de Triana que serviron como estudo para un dos seus derradeiros traballos e abofé que quedan preciosas as fotos.
Eduardo dérase a coñecer como fotografo no ano 2007, concretamente en novembro cando fixo aquel famoso Calendario de espidos solidarios
para a Asociación de descapacitados Esperanza Salnés, un calendario idea da xente de Leria que dera uns resultados económicos excelentes para a mentada Asociación. Dende aquela Eduardo non parou de traballar  ao lado da súa muller  Sagri que ten tamén gran parte de culpa do seu éxito. E que dure.
Mes de Febreiro do famoso calendario.
ISTO  E FEFIÑANS

Ningún comentario: