27 de nov. de 2013

NACE "SON LAUDE", GRUPO QUE INCLÚE MÚSICA MEDIEVAL, RENACENTISTA E BARROCA, MÚSICA CONTEMPORÁNEA E RELIXIOSA.

SEIS DOS SEUS COMPOÑENTES SON DE CAMBADOS.
PRESENTACIÓN:
Son Laude é un proxecto musical que nace en Cambados en febreiro do ano 2012 no seo dun grupo de amigos con raíces musicais comúns. A sensibilidade pola arte vocal, a recuperación das formas cultas, e a exploración de novos estilos polifónicos, axitaron a creación dun conxunto coral con aspiracións renovadoras dentro do panorama da música vocal galega. 
O grupo configúrase como un Octeto, o que lles confire versatilidade e un efecto presencial e sonoro amplo. A pluralidade de coñecementos e habilidades dos membros do grupo nas distintas ensinanzas e estilos musicais, dotan ao conxunto de dinamismo e creatividade, que se transmite ao proceso de interpretación.
CURRÍCULUMS:
Manuel Cunqueiro (Director Musical): Nace en Cambados (Pontevedra) e desenrrola os seus estudios de composición e dirección entre Vigo e Madrid con mestres coma Margarita Escarpa, Enrique Eigoa, Julio Domínguez, Javier Busto ou Carlo Pavese entre outros. O seu interese na música de cine, lévao a continuar seus estudios con Abe Rábade e Felix Santos (profesores da Berklee), Santiago Quintáns (profesor do Jazz College de Miami), Trevor Jones (oscarizado pola B.S.O. de “El
último mohicano” e compositor asimesmo de outros clásicos coma “Excalibur”, “Aracnofobia”....etc), Borja Costa (compositor da B.S.O. De “Camino” e premiado nos Jerry Goldsmith Awards) ou Eduardo Armenteros (profesor de “música para medios audiovisuales” no Conservatorio Superior de Música de Madrid). Gañador do Concurso Nacional de Masas Corales en 2002 co coro de cámara “Camerata ad libitum” compón ese mismo ano a B.S.O. da curtometraxe “ La triste historia de un canélido” de Marcos Vitiza e comeza a súa andadura coma titular de diversas agrupacións orquestáis e corales entre Laussanne, Zurich e Madrid onde ademáis dirixe, compón e orquestra diversos musicales coma “Mil y un sueños”ou “Lolas” entre outros. A súa vagaxe nos estudios de grabación, lévao a traballar con Philip Newell (cofundador da Virgin Records)
ó tempo que dirixe os “Estudios Metrópolis” chegando a colaborar coa productora estadounidense Spanjew ou producindo os materiais discográficos de diversos grupos de índole nacional. Director asistente do coro para o concerto de navidad da “Orquesta Sinfónica de la Comunidad de Madrid” no Auditorio Nacional de 2009, mesmo ano no que comeza a súa andadura coma profesor de composición en varias escolas de música da comunidade de Madrid coma “Academia del Arte” de Madrid. Compositor, orquestador, director e productor Manuel Cunqueiro é un músico ecléctico que enlaza a máis rexia tradición coas novas tendencias musicais.
Samuel Saeta (Baixo): Profesor de música de ensinanza secundaria. David Rivero (Baixo):
Estudos de Solfexo e Saxofón Carlos Rivero (Tenor): Profesor de música e educación infantil e primaria Iván Falcón (Tenor): Estudos de Solfexo e Piano. Gaiteiro na asociación cultural Alborozo. María Ferrer (Contralto): 2º de grao medio de Solfexo e Piano. Pilar Martínez (Contralto): Grao profesional de piano. Profesora de música en Educación Primaria Raquel Chaves (Soprano): Estudos de Solfexo, piano, armonía e canto coral. Mónica Chaves (Soprano): Estudos de Solfexo, piano e canto coral.
REPERTORIO: 
Conducidos polo seu Director Musical, traballan na elaboración dun repertorio diverso, ao que imprimen un carácter propio e persoal. A temática inclúe música medieval, renacentista e barroca, música contemporánea, relixiosa….
Actualmente contan cun amplo repertorio no que destacan as seguintes obras: Renacemento e Barroco Now is the month of may (T. Morley) My bonny lass she smiled (T.Morley) Come away, sweet love (T. Greaves) Fine knacks for ladies (J. Dowland) Come again (J. Dowland) Il bianco e dolce cigno (J. Arcadelt) Margot labourez le vigne (J. Arcadelt) La guerre (Janequin) Verbum caro (Anónimo) Dadme albricias hijos d'Eva (Anónimo) Ay, linda amiga (Anónimo) Yo me soy la morenica (Anónimo) Tres morillas (Anónimo) In te domine, speravi (J.de Prez) Sicut cervus (Palestrina) Magnum misterium (T.L.
De Victoria) Ecco mormorar l'onde (Monteverdi) Zefiro Torna (Monteverdi) Séculos XIX e XX Abendlied (J.G.Rheinberger) O vos omnes (P. Casals) A fada dos mares (M. Cunqueiro) Lágrimas de Tortuga (M. Cunqueiro) Carta abierta (M. Cunqueiro) Testamento (M. Cunqueiro) Canción de Berce (M.Cunqueiro) Cada Noite (Zumalabe/ Arr: J.Dominguez) And so it goes (Bily Joel)
FUNCIÓNS E PRESENZA EN ACTOS: 
Neste primeiro ano de andadura, consolidaron o aprendizaxe das distintas obras corais e tiveron a ocasión de participar en eventos culturais no seu entorno máis próximo, por
exemplo na Celebración do Día das Letras Galegas do centro Cultural Artístico e Recreativo “Rueiro” en Vigo o 16 de Maio do 2013 , na I Mostra da Canción Mariñeira en Cambados o 29 de Xullo de 2013, e tamén formaron parte do coro da produción operística L’elisir D’amore, promovido por Galiópera, e representada nos auditorios de Mar de Vigo, Pazo da Cultura de Pontevedra e Auditorio Municipal de Ourense, entre agosto e setembro deste ano. Estas últimas funcións, de índole colaboracionista, responden tamén ao espírito de Son Laude de cooperación con outras agrupacións corais ou instrumentais para desenvolver proxectos concretos ou para afrontar producións culturais máis complexas.
PROXECTO MUSICAL: 
Pretenden achegar a música coral, nos seus diferentes estilos, a tódolos públicos e grupos de idade, presentando recoñecidas obras clásicas así como composicións orixinais propias. Entenden que o seu traballo comprende unha compoñente pedagóxica esencial, e aspiramos a ofrecer cos nosos cantos, unha viaxe pola historia da música coral,
tan ligada á idiosincrasia das sociedades de tódolos tempos.
Incorporar a calquera evento social ou cultural, un espazo de acompañamento musical, amplifica o impacto do acontecemento e as sensacións do público obxectivo, potenciando a mensaxe e o encanto xeral do acto. Por isto, en Son Laude buscan o encaixe cos diferentes formatos e programas culturais adaptando o seu repertorio ás necesidades do evento: concertos, certames, congresos, desfiles, presentacións literarias, actos conmemorativos, entregas de premios, homenaxes, actos benéficos, inauguracións, cerimonias relixiosas, festas temáticas, exposicións, coktails, mostras de arte, e un largo etcétera de actos culturais. Neste senso, tamén reivindican a colaboración entre diferentes grupos musicais, teatrais, etc. para ofrecer un espectáculo acomodado á tipoloxía de cada acto.
Son Laude, ven de inscribirse como Asociación sen ánimo de lucro no rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, baixo a denominación “Asociación Musical e Cultural Son Laude”.
OS DE CAMBADOS
Os 3 irmáns Cunqueiro (David, Carlos e Manolo)  son da Barraida de San Francisco (casas baratas) e viven a cabalo entre Cambados e Vigo, as dúas irmáns Chaves que son de Fornos (Vilariño), e Iván Falcón é de San Tomé. Samuel, María e Pilar son de Pontevedra.

Ningún comentario: