27 de nov. de 2013

O PASEO DE SANTO TOME, LUGAR IDEAL PARA ELECTROCUTARSE

CABLES O AIRE SEN QUE  O CONCELLO DE  CAMBADOS FAGA NADA
Un veciño de prezo barrio mariñeiro de Santo Tome do mar
enviounos unhas fotos do paseo deste barrio que percorre o Mar de Frades, as cales non deixar de ser alarmantes pois podemos apreciar nas mesmas como  os cables poden ser manipulados por calquer persoa e especial por nenos pequenos, sen que o Concello de Cambados faga nada para reparar tal situación. “Pinocho” Aragunde ou “Sisi” emperatriz , como lle chaman algúns é
moi afeccionado a inaugurar cousas, para despois non coidalas ou telas abandonadas, neste blog temos numerosísimos casos que denunciamos, o noso pobo está nun total abandono. Esperemos que non pase nada, pero se alguén sufre algún dano o responsable máximo é o irresponsable do noso Alcalde, despois que non diga que non lle avisaron.

Ningún comentario: