6 de nov. de 2013

O ALCALDE “PINOCHO ARAGUNDE” “TRAMPÓN CUM LAUDE” POLO PLENO MUNICIPAL DE CAMBADOS

MINTE DESCARADAMENTE NA VIAXE A BAENA E ÍMOLO DEMOSTRAR DANDO OS NOMES E AMOSANDO UNHA FOTO DOS QUE FORON
Evidentemente este blog non vai quedar de trampón e chegou a hora de dar os nomes dos
que viaxaron co Alcalde a Baena, sentímolo por eles, pero a culpa tena   “Pinocho Aragunde” , pois non se pode mentir tan descaradamente. O outro dia no pleno a preguntas do PSOE sobre a carísima e particular viaxe a Baena “Pinocho Aragunde” Contestou as mesmas do seguinte xeito:
Cantas persoas formaron parte da delegación que se trasladou ó acto de Irmandade entre o viño Baena e o Albariño?
Contestación de “Pinocho Aragunde”: 3
Cantas foron con cargo Concello?
Contestación de Pinocho Aragunde”: 3
Podes ver as contestacións no seguinte video que nos facilitou amablemente “ANOVA CAMBADOS” (subir o volumen).


Ben temos no noso poder a seguinte foto:

Nela podedes ver perfectamente  de esquerda a dereita a José A. Vilas, o trombón, Monchiño Vieites o violín, Olegario Falcón a trompeta, Batallán tamén a trompeta e Blas
Dominguez a guitarra, tocando para o publico asistente na Praza da Constitución de Baena a principios de setembro pasado. Todos eles foron a conta do concello de Cambados,  é mais incluso estaba para ir Xoan Silva ( con billete sacado e todo) pero a ultima hora non puido ir polo accidente sufrido polo seu irmán Lino e suspendeu a viaxe. Tamén viaxou aínda que non sae na foto un tal Marcos de Baión, amigo de Luís Aragunde. Segundo nos confirmou a persoa que nos dou a nova , que é de total solvencia, cada billete custou 400 euros, incluído o de Xoán Silva. José Antonio Vilas e Blas Dominguez foron o dia anterior en coche para levar os instrumentos porque en avión salia moito mais caro facturalos, pero iso si,  as dietas foron as mesmas que custou o viaxe en avión. Para mais datos dicir que a volta Monchiño Vieites, renunciou tamén a viaxar en avión e veu no coche con José Antonio e con Blas. Todo o viaxe segundo nos informou o persoa en cuestión, insistimos de toda solvencia (a mais de un dos que foron quedaríase perplexo si soubera quen é o noso informante) saliría sobre uns seis mil euros. A posición teno doado , que pidan a factura  de gastos do viaxe a Baena e aínda quedaría mais co cu o aire “Pinocho Aragunde”.  Si nos minte nunha viaxe deste calibre Luís Aragunde, minte evidentemente , e xa o probaron outros blogs ademais do nos, en cousas que nos custan moito mais os cambadeses. Ou sexa “Pinocho Aragunde”, aparte de ti, o tenente de Alcalde Pombito e o secretario do capitulo Serenísimo Pedro Piñeiro, foron ao menos seis persoas mais as que viaxaron a conta dos cambadeses a Baena. Esperemos que os aqui nomeados non nos veñan pedir explicacións a nos e si llas vaian pedir a "Pinocho Aragunde". 
O CINISMO DE “PINOCHO ARAGUNDE” NON TEN LÍMITES
No mesmo pleno “Pinocho Aragunde” tamén facía gala do seu cinismo a outra das preguntas do PSOE e era a seguinte:
Hai uns anos nunha entrevista feita a Xosé Manuel Tourís, acusaba q a culpa dos cheiros en Cambados era do bipartito. Agora q xa leva desde o 2009 gobernando o PP, de quen é a culpa? 
“Pinocho Aragunde” de "recochineo" e ríndose da oposición e o mesmo tempo facendo rir a seis monas que van ao pleno a rirlle as grazas di con todo o cinismo e chulería “AO BIPARTITO” e as monas botáronse a rir.
Seguramente Fatima a próxima vez tes que usar outra táctica e facerlle a pregunta do seguinte xeito: 
 Hai uns anos nunha entrevista feita a Xosé Manuel Tourís, acusaba q a culpa dos cheiros en Cambados era do bipartito. Agora que xa leva desde o 2009 gobernando o PP, de quen é a culpa, tendo en conta Sr. Aragunde que si contesta Vde que é o bipartito, seria Vde. un cínico.? 
So é unha suxestión.
Como vedes “Pinocho Aragunde” tómase os plenos a "pitorreo" mofándose dos cambadeses que non pensamos coma el  nin coma os seus esbirros.

Ningún comentario: