26 de dec. de 2013

A PIANISTA CAMBADESA ESTEFANIA SANCHEZ NO AUDITORIO DA XUVENTUDE

O VINDEIRO DÍA 29 DE DECEMBRO ÁS 19 HORAS.
A prestixiosa pianista cambadés Estefania Sánchez, dará un
concerto o vindeiro día 29 de decembro ás 19 horas no Auditorio de Cambados. Estefania é unha virtuosa deste instrumento e xa ten intervido en Cambados noutras ocasións marabillando o público.
Estefania Sánchez Rebollido naceu en Cambados e comezou a súa carreira musical no conservatorio de Santiago de Compostela. Por mor de diversos fondos dende 2005 puido estudar no conservatorio de
Amsterdam, onde residíu ate non fai moito e onde perfeccionou as dúas técnicas pianísticas cos mellores profesionais. Estefania ven sendo filla de Modesto Sanchez Losada a quen todos recordaremos como aquel gran ciclista que nos fixo pasar
tantas tardes de gloria, é sobriña-neta de Pitusa Losada, e xa sabemos que en Cambados cando  falamos dos Losada estamos a falar de verdadeiros músicos: “De casta lle ven o galgo”. Pitusa foi a súa primeira profesora de piano.

Ningún comentario: