26 de dec. de 2013

LUIS ARAGUNDE NON RESPONDE NIN AOS SEUS VECIÑOS

MAIS DE 200 VECIÑOS PREXUDICADOS POLA DIRECCIÓON UNICA DA AVDA DA PASTORA SEGUEN SEN RESPOSTA.
Mais de douscentos veciños da Avda da Pastora e cercanias
presentaron un escrito a principios de decembro  no cal expoñian que  dende o dous de decembro pasado a Avda da Pastora é de dirección única, e dicir en dirección saída do centro  urbano cara ao Museo do Viño, medida solicitada por moitos cidadáns
cambadeses, dunha maneira ou doutra. 
Seguian decindo os veciños que  tomada esta medida, non se pensou dende o Concello ou polos técnicos
que fixeron o estudo desta medida que hai varios veciños afectados, concretamente os posuidores de motocultores, ("tractoritos")  e outros vehículos agrarios que teñen que dar unha gran volta para volver novamente os seus enderezos e
indo por calquera das  dúas opcións:  Olmos.Avda de Galicia- Rúa Nova etc, ou por Avda de Vilariño;  teñen  que entrar en estradas que algúns  destes vehículos teñen prohibida a súa
condución. Volta que teñen que dar tamén cos seus vehículos normais,. Feito que se podería solucionar poñendo igualmente a dirección prohibida para facendo constar “Agás residentes ou propitarios de fincas”.
Remataban o escrito os veciños solicitando:
      1º.- que se  conceda o oportuno permiso ou autorización para que todos aqueles veciños da Avda da Pastora
para volver dirección Museo do Viño – Pazo de Ulloa cos seus tractores agrícolas sen ter que ir por estradas xeraís.
     2º.- Que se conceda a estes mesmo veciños autorización para entrar cos seus vehículos normais
na mesma dirección.
     3º.- O tema solucionaríase poñendo  na dirección Museo do Viño- Pazo de Ulloa a sinal de dirección prohibida co termo “agás residentes ou propitarios de fincas”, e unha sinal de precaución na dirección Pazo de Ulloa – Museo do Viño.
Pois como diciamos, mais de 200 persoas asinaron este escrito, persoas que eran residentes ou con fincas que quedaban na propia Avda. da Pastora, este escrito ate o día da data está sen contestar. Despois Luis Aragunde presume de que contesta a todos veciños, que para el son todos iguais etc., etc etc.. En realidade Luis Aragunde  e un personaxe que só se dedica a traballar para o seu partido e atendar aos veciños do seu partido aos demais que “lle dean”. Xa o dicia Castelao “E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatemos e dos tempos en que nos cadrou vivir”

Ningún comentario: