27 de dec. de 2013

NOVA DENUNCIA CONTRA O PATRÓN MAIOR DE CAMBADOS

MAIS DE CORENTA RAÑEIROS DENUNCIANO POR APROPIACIÓN
INDEBIDA
Os rañeiros de Cambados están moi cansos de non ter
eleccións na confraria, están cansos  dos caprichos de Benito Pelea e Cia, están cansos de que xubilados seguen no cabildo na confraria, están cansos do deficit na confraria, están cansos de moitas falcuatradas Do Pelea,  e por iso veñen de presentar denuncia contra o Patrón Maior da
Os tempos en que Benito a Isabel
non eran do PP.
Confraria de Cambados BENITO GONZÁLEZ SINEIRO, imputado en duas causas por malversación de caudales públicos (unha en Santiago e outra en Cambados 2),  e subsidiariamente contra os compoñentes do Cabildo que tomaron o acordo en sesión ordinaria en outubro, por un presunto delito de
apropiación indebida, denuncia que alicerzan nos seguintes: 
FEITOS
     1º.- A Agrupación de Mariscadores de Vara de Cambados está encadrada organicamente dentro da Confraria de Cambados, tendo independencia organizativa.

2º.-  Na asemblea da Agrupación de Marisdores de Vara de Cambados, celebrada a cabo o 22 de marzo deste ano acordouse textualmente: “Poner cada rañeiro 100€ para comprar
ameixa para a batea, estes descontaríanse en dúas cuotas de 50€ os meses de outubro e novembro. Ningún socio desta Agrupación queda exento do pagamento desta cuota.” 
     3º.- En Asemblea celebrada pola mesma organización o tres de xullo de 2013 acordouse textulamente: “Acordase por maioría absoluta non pagar os 100€ para a compra de
ameixa para batea, acordado isto en asamblea xeral celebrada o 22-03-13, e recollido na acta n°62 de esta Agrupación.” 
     4º.- En sesión ordinaria do Cabildo
da Confraria de Cambados, en outubro pasado, acordouse de xeito uninaleteral “levar a cabo o desconto de 100 € a cada membro da agrupación de mariscadores de vara en dúas cotas de 50 € cada unha xa que a ameixa adquiriuse e traballouse unha vez tomaron o primeiro dos
acordos (asembla de Agrupación de Mariscadores celebrada o 22 de marzo) e antes do segundo deles (asemblea de 3 de xullo da Agrupación de Rañeiros) motivo polo cal, dicia o Patrón Maior e o Cabildo,  xa non ten sentido ningún que catro meses mais tarde queiran anular algo que xa está realizado.” 
     5º.- O que di no punto anterior o Cabildo da Confraria é totalmente falso xa que non se mercou semilla ningunha  extra.
     
     6º.- Nas vendas en Lonxa correspondentes os meses de outubro e novembro, de xeito
unilateral,  por mor do acordo tomado polo Cabildo en outubro pasado a Confraria procede a reter a cada membro a Agrupación de Rañeiros de
Cambados das suas vendas en lonxa 50 euros a cada un (100 euros en total), aplicándolle ademais o I.V.E. correspondente, por unhas semillas que non se chegaron a mercar. 
     7º.-  Dicir para esclarecemento do xulgador que a semente , normalmente vai no cuota que todos os anos pagan os socios da Agrupación de Mariscadores de Vara , e dicir
300 euros anuais para os socios consolidados,  e 500 € para os de novo ingreso. Os 100 euros  que a maiores ia a cobrar a Agrupación aos Rañeiros  
era para mercar mais semente da normal, este acordó foi tomado por unanimidade nunha asemblea dos Rañeiros, e asemade foi retirado tamén por unanimidade nunha asemblea xeral tamén dos rañeiros, xa que non se estimou procedente. Achegamos orzamento do ano anterior
onde cos mesmos cartos mercamos similar cantidade de semente.
     8.- Estamos, perante un caso claro de apropiación indebida o que se poderia engadir o de falsidade e estafa. Decir que o  montante do aquí denunciado acada a cifra de 2.783 €,
sen prexuizo dos mariscadores que no futuro se vaian adherindo a esta denuncia.
En base os feitos antes expostos os rañeiros solicitaron o Xuiz o seguinte: 
     1º.- Que se teña por presentada denuncia polo delito de
apropiación indebida contra o Patrón Maior da Confraria de Cambados, Benito González (lugar onde pode ser citado), así como os demais compoñentes do Cabildo que tomaron
o acordo outubro pasado.
     2º.- Que se cite en calidade de imputados os denunciados.
     3º.- Que se solicite da Confraria de Cambados a factura da compra da sementa en cuestión, e testemuño da acta de reunión do cabildo de outubro pasado.
     4º.- Que previos os trámites legales e practicadas as dilixencias pertinentes se proceda a
Carlos quere botar fora de
confraria os caciques.
celebración do oportuno xuizo oral, polo delito de apropación indebida e outros que poidan aparecer contra os denunciados.
Segundo nos informan dende a directiva dos rañeiros a denuncia foi admitida a trámite.
O mais curioso de todo is é que hoxe mesmo
publicamos unha nova na que dicia que o PP lle daba a Benito González 144.000 entre outras cousas para mercar semente. Entón si iso certo porque se lle “quita” a cada rañeiro 100 euros para semente. 

1 comentario:

MANUEL dixo...

Eses 144.000€ veñen moi ben para pagar os 80.000€ que reclama a Consellería e sobran euros para boas pitanzas, e así todos contentos. PPaís.