28 de dec. de 2013

HOXE AS 21 HORAS NON TE PODES PERDER O CONCERTO DA BANDA DE CASTRELO

NO AUDITORIO  DE CAMBADOS  CON MOITAS NOVIDADES.
Non por anunciado non debemos lembralo, porque o
concerto de hoxe da Banda de Castrelo non se pode perder, porque estamos seguros que vai ser un concertazo, pois haberá moitas novidades, a xa vista en outros concertos como a de Roi Xesteira tocando o bombardino ou a Victor a batería, esta noite poderemos ver a Miguel Romero
debutar  co clarinete e a Anxo Xesteira o acordeón, Aparte destes fenómenos que forman “Os Xeitosiños”, que por certo onte estiveron xeniais no Baloca co seu concerto de música tradicional, poderemos ver os excelentes músicos,
mulleres e homes, que conforman a centenaria Banda de Música de Castrelo interpretar temas como Domus,  La vuelta al mundo en 80 días, Disney fantasy, Fiesta tropical,  Gaztelugatxeco martxa e rematando coa Muiñeira dos Pendellos, estas dúas ultimas pezas fora de programa. Ou sexa que si esta tarde-noite te atopas aburrido e queres pasar unha hora escoitando moi boa música pásate polo Auditorio de Cambados, a iso das 21 horas.

Ningún comentario: