28 de dec. de 2013

UNHA PERIODISTA CAMBADESA CANDIDATA OS PREMIOS ORTEGA Y GASSET DE PERIODISMO 2013

BEA COSTA, DE  LA VOZ DE GALICIA, FOI PROPOSTA POLO PP DE CAMBADOS.
O TRABALLO CANDIDATO FOI A PUBLICACION DO ARTIGO:  “UN
Bea Costa
EDIL DO BNG CHAMA «CHOCHITO DE ORO» A SÁENZ DE SANTAMARÍA”.
Os Premios Ortega e Gasset foron creados en 1984 polo diario O País en memoria do pensador e xornalista español José Ortega e Gasset. Outórganse aos mellores traballos publicados en medios de comunicación en español de todo o mundo, primando a defensa das liberdades, a independencia, o rigor, a curiosidade e a
paixón de quen o exercen, como valores esenciais do Xornalismo. 
O xurado dos Premios está formado por personalidades relevantes do sector da comunicación e da vida económica, social e cultural. Cada un
dos premios está dotado con 15.000 euros e cun aguafuerte conmemorativo, obra do artista donostiarra Eduardo Chillida. 
Os Premios constan de catro categorías: xornalismo impreso, xornalismo digital, xornalismo gráfico e mellor traxectoria
profesional.A categoría “Xornalismo impreso” premia ao mellor traballo publicado en 2012 originariamente en español nun medio de comunicación impreso.A categoría “Xornalismo digital” premia ao mellor traballo publicado en 2012, originariamente en
español, nun medio de comunicación online.A categoría “Xornalismo gráfico” premia á mellor fotografa publicada en 2012 nun medio de comunicación.A categoría “Mellor traxectoria profesional”, premia á mellor carreira xornalística, en atención ao méritos logrados polos participantes.
Bea Costa, foi proposta polo PP de Cambados, liderado por
Xosé Manuel Cores Touris e Luis Aragunde e por consello do Xefe de Prensa do concello Benito Leiro no apartado “Xornalismo impreso”. Tamén se sumaron a esta solicitud o PP de Galicia e Nuevas Generaciones de Cambados. O traballo polo que foi proposta a ilustre periodista cambadesa
foi o titulado “Un edil do BNG chama «Chochito de oro» a Sáenz de Santamaría”. A reunión para acordar a candidatura de Bea levouse a cabo na alcaldia do concello de Cambados, coa asistencia de Touris, Aragunde, Leiro e a propia Bea Costa. No mesmo lugar e
Ortega y Gasset
a mesma xente reunironse en xuño pasado  antes da publicación da nova. Da notificia fixeronse  eco medios televisivos tan importantes como 13 TV, Intereconomia ou  Voz TV.
Bea Costa é moi coñecida en Cambados polas suas informacións sobre o Alcalde de nosa vila e sobre o Patrón Maior de Cambados.  Bea é unha persoa que leva moito tempo no periodismo e mais concretamente no  prestixioso periódico “La Voz de Galicia” ainda que tamén traballou en outros medios.
Dende este blog inocentemente,   desexamoslle toda a sorte do mundo  a Bea Costa para acadar este gran premio. 







Ningún comentario: