17 de dec. de 2013

O BNG DE CAMBADOS VOLVE A PREGUNTAR SOBRE O GRAN ENGANO DE LUIS ARAGUNDE E BENITO PELEA:

AS COMPORTAS DO SACO DE FEFIÑANS.
O BNG de Cambados volve a carga co
Saco de Fefiñans, a gran mentira de Luis Aragunde e Benito Pelea, a uni obra que pensan eles que les vai salvar “o cu”, Victor Caamaño presentou hoxe as seguintes preguntas relacionadas co Saco de Fefiñáns:
* Respecto do saneamento do contorno do Saco:
1.- Que obras de saneamento teñen previsto realizar, durante o ano 2014, para eliminar vertidos que
cheguen ao Saco de Fefiñáns? Que investimento suporán? Ditas obras, estarán rematadas no 2014?
* Respecto do funcionamento das comportas:
2.- No caso de que o  banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns siga a ser considerado como zona C; entrarían igualmente en funcionamento as comportas?
3.- Hai uns días que, desde o concello, se anunciaba que unha empresa se faría cargo da xestión das comportas do Saco polo que queremos saber: en que consistirá, concretamente, dita xestión? Quen pagará dita xestión? A xestión do funcionamento das comportas por parte da citada empresa,
significaría que a Confraría xa non tería capacidade de decisión no funcionamento das comportas?

PROBABLES RESPOSTAS DE LUIS ARAGUNDE:
1.- As previstas. O orzamentado. Depende.
2.- Non vai ser considerado zona C.
3.-  En xestionar as comportas. A admionistración. Aconfraria encargarase do funcionamento das comportas.

Ningún comentario: