17 de dec. de 2013

PERANTE O ABANDONO DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE E DO DELEGADO DA XUNTA CORES TOURIS.

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS POR MEDIO DO PSDG-PSOE DE GALICIA, PRESENTAN  NO PARLAMENTO UNHA PREGUNTA SOBRE O COLEXIO ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA.
   O Psdg-Psoe presentou este venres  no Parlamento de
Galicia unha pregunta referente ós arranxos que necesita o Colexio Magariños para que os alumnos poidan desenrolar a asignatura de Educación Física.
   Este Colexio leva xa moitos anos denunciando a situación na que se encontra o seu patio cuberto, no que os rapaces fan ximnasia, xa que non teñen cobertura lateral, polo que entra auga cada vez que chove, e agora desde fai
un tempo, tamén polas grietas que se formaron no teito e que tamén fan que estea a pista do patio toda mollada, co conseguinte risco que eso supón de que os nenos esvaren e caian. 
   
Nunha das súas visitas, o Conselleiro de Educación comprometeuse a facer o arranxo, concretamente no ano 2011, pero a situación segue a ser a mesma desde aquela.
   Os socialistas anunciaron que ían levar esta situación a Pleno nunha moción presentada en
setembro que foi rexeitada para o Pleno de outubro, polo que será defendida no Pleno desta semana.
  Son varias as ocasións nas que se anuncia en prensa que se van realizar as obras pero por parte da Anpa, nada
se sabe. Ademáis nos orzamentos de 2014 non aparece tampouco partida expresa para ningún arranxo  neste Colexio. 
  Tamén  existen dúbidas acerca do arranxo no pabillón do Instituto Ramón Cabanillas, pois aínda que xa se informou a unha parte do
alumnado e saíu a noticia en prensa, a Anpa non ten coñecemento de que se vaia facer alí modificación algunha; tampouco aparece ninguna partida expresa para esta mellora.
   Ante tanta incertidume e coa finalidade de obter máis información, o Psdg-Psoe decidíu presentar por escrito as seguintes preguntas no Parlamento de Galicia:

   1ª) Que ten pensado facer  a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para solucionar de maneira definitiva as demandas do Colexio  “Antonio Magariños”e do IES “Ramón Cabanillas”  no Concello de Cambados?

  2ª) Ten previsto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abordar estas carencias con cargo aos orzamentos de 2014?
  
  3ª) No caso de resposta afirmativa, que cantidades concretas pensan adicar  nos orzamentos de 2014 a esas melloras dos centros educativos “Antonio Magariños“ 
e “ Ramón Cabanillas “ do Concello de Cambados?

Ningún comentario: